Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Deixámosvos unha mostra do noso "Obradoiro de Escritura Creativa". Neste primeiro trimestre centrámonos na realización de cómics. Continuaremos no segundo dixitalizándoos. Desexando ver o resultado tan fantástico que está quedando!

SAMAÍN 2022

Para celebrar o Samaín fixemos un moitas actividades: programamos os robots para que se iluminase a placa cando non houbese luz,  vaciamos cabazas e as enchemos con velas e coas placas programadas, trouxemos cabazas da casa para o noso tradicional concurso e...saímos de procesión de Santa Compaña! Podedes ver un vídeo resumo no enlace de abaixo!

 

LENDAS DE SAMAÍN

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixeron un fantástico traballo de investigación sobre lendas galegas de Samaín.

Aquí tedes o produto final da tarefa, realizada integramente por eles: investigación, resumo, transcripción, gravación e, por suposto, deseño das obras!

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

Andamos na escola preparando os Cantares de Nadal. Os nenos e nenas de educación primaria interpretarán un poema de Antón Cortizas Amado. Mestre de mestres,de brinquedos e palabras, ten unha obra literaria que paga a pena coñecer. Hoxe tivemos a fortuna de aprender con el nunha xornada ben linda. A nosa biblioteca escolar convirteuse unha vez máis en lugar de encontro. Cousas das bibliotecas…

 

TALLER ESCRITURA

Distribuir contido


by Dr. Radut