Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Día de Rosalía (24.02.2014)

 

Hoxe, 24 de Febreiro, é o día de Rosalía, no que se cumpren 177 anos do seu nacemento.

Como é unha das autoras máis relevantes das nosas letras, no cole tratamos de rendirlle homenaxe recitando e cantando algúns dos seus poemas.

Ademais, os rapaces e rapazas de 3º ciclo prepararon un mural ben xeitoso.

Botade unha ollada!

Celebrando a Amizade (Febreiro 2014)

 

Co gallo do San Valentín, ocorréusenos que a amizade tamén merecía ser celebrada.

Así, decidimos facer o noso "Buzón da amizade" e aproveitar a ocasión para dicirnos cousas bonitas uns a outros.

Todos e todas recibimos cartas, que ilusión!!

Gañadores concurso postais de Nadal 2013

 

Xa coñecemos os gañadores do concurso de Postais de Nadal... mirade que guapos e orgullosos posan coas súas tarxetas e regaliños. Parabéns Irene, Gerard, Lorena e Saray!

 

E mención especial á gañadora absoluta do concurso, Saray. Con cuxa postal vos desexamos moi BO NADAL e FELIZ ANINOVO.

 


Concurso Postais de Nadal 2013

 

Como todos os anos estamos a celebrar un concurso de postais de Nadal.

O afortunado gañador ou gañadora terá a honra de que a súa postal sexa enviada a todas as familias, pero ademais haberá un ou unha finalista en cada clase... que tal vez leve unha sorpresa!!


Distribuir contido


by Dr. Radut