Skip to Content

Escolares

Samaín e Magosto

Un ano máis, celebramos unha data que nos encanta, o Samaín e o Magosto.

Así, ó longo do día, e engalanados cos nosos máis terroríficos disfraces, fixemos unha grande cantidade de actividades.

Desde aquí, gustaríanos agradecer ás familias a súa participación e colaboración nesta celebración. ¡GRAZAS!

 

Eleccións Consello Escolar 2016/ 2017

Estimadas familias:

                      Rematado o prazo para presentar as diferentes candidaturas para formar parte do Consello Escolar, a Xunta Electoral proclama oficialmente ós seguintes candidatos:

                      Candidatos/as dos mestres/as.

-       Carmen García Martínez.

-       Mº Mercedes Ruíz Lamas.

-       Nicolasa González Carrodeguas.

-       Almudena Martínez Gálvez.

 

Candidatos/as dos pais/nais/titores/as legais.

-       Mº Susana Rodríguez Garrote.

 

                      Representante do ANPA “Os Carrís”.

-       Ana Mº Beceiro Montero.

 

Representante do Concello de Cerdido.

-       Rocío Martínez Martínez.

 

Á fin de aclarar un tanto a organización deste proceso, informar que:

-       Só existe un candidato para a representación dos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as, polo que xa non é necesario realizar votación ó respecto.

-       Martes 29 de Novembroos mestres do centro elixirán ó seu representante.

            Dadas as circunstancias concretas que supón a renovación deste ano, non se require a vosa participación activa exercendo o dereito ó voto e esta comunicación é simplemente informativa.

            De calquera maneira, ante posibles dúbidas ó respecto, a Directora do centro estará a vosa disposición.

 

Chegou o Outono! (Novembro 2014)

 

O outono chegou a Cerdido e o cole non foi quen de escapar aos seus efectos... 

Os días son máis curtos, chove, vai frío, as árbores perden as súas folliñas, saen os cogumelos... pero o que a nós nos importa é ter o cole ben bonito, así que o ambientamos acorde a esta época do ano.

Estamos segur@s de que vos gustará, botade unha ollada!

 

 

 

NEVARADA NO COLEXIO

 


 


Achégase o Nadal e o tempo quere recordárnolo cunha nevarada espectacular. Viches como quedou o noso parque??? Precioso!!!


Dan ganas de ir xogar e facer bonecos de neve!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut