Skip to Content

Escolares

Conmemoración da Constitución Española.

¿Cómo facer chegar ós máis pequenos/as unha temática tan complexa coma a da Constitución ESpañola?

Pois ben, cunhas auténticas eleccións, e a idea clara dos seus dereitos e deberes. Así, publicado o censo do alumnado co CEIP da Barqueira, cada un dos nenos/as debía acudir o día sinalado a unha votación á Biblioteca do centro. Para isto, tiñan que presentar o carnet de lectores do cole frente a mesa electoral, formada por un presidente, un secretario e dous vogais. O tema a votar era un nome para a Biblioteca do centro. Así, finalizadas as votacións e tras o posterior reconto de votos por parte dos membros da mesa electoral, o novo nome para este espazo do centro será:

A COVA DOS CONTOS.

                                                                       

Maxia na Barqueira

O mes de Novembro, estivo cargado de actividades interesantes, como o espectáculo de maxia, ó cal nos convidou o Concello de Cerdido.

Así, a través do mesmo, quixeron facernos reflexionar sobre o cambio climático, a reciclaxe ou a contaminación.

                                                                                 

25N - Día da NON violencia de xénero

Como cada ano, no mes de Novembro, conmemórase o día da NON violencia de xénero. Unha xornada para reflexionar e tomar conciencia da situación que nos rodea.

Así, desde a Biblioteca do centro, levamos a cabo unha serie de actividades conxuntas, como o visionado dunha curtametraxe sobre a temátic,a e que posteriormente incitou os pequenos/as a debatir sobre unha realidade actual do máis preocupante e devastadora. Finalmente, cantamos e bailamos unha canción do grupo musical Amaral. 

 

Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

         O 20 de Novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos da infancia para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servizos que lles permitan desenvolverse felizmente en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á vez que sexan educados nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
 
     Por isto, e co fin de conmemorar este día tan importante para os nosos nenos/as, o Concello de Cerdido, convidounos a asistir a un auténtico pleno. Así, os pequenos/as puideron defender os seus dereitos e pelexar por todo aquilo que lles gustaría que desde o propio Concello se levará a cabo. E... ¡ QUÉ BEN O FIXERON!
 
       Finalmente, nos permitiron coñecer todas as instalacións, e algún xa presumía que sería o seguinte alcalde. Vergoña
 
 
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut