Skip to Content

Escolares

MAGOSTO 2022

O día 18 de novembro celebramos o magosto coma faciamos sempre:

Con xogos populares e degustación de castañas asadas. Resultou todo un éxito!!E tivemos bó tempo.

 

  

SAMAÍN 2022

O pasado 28 de outubro de 2022 celebramos o Samaín no CEIP Baíñas.

Como tiñamos moitas ganas de celebralo, xa que, por mor da pandemia, estes últimos cursos non fora o mesmo, 

Fixemos obradoiros de cociña con receitas de Samaín, decoramos as nosas cabazas, viñemos disfrazados e volvemos a pasar medo no Tunel do Terror!!

Por fin, esta vez si que houbo festa, rapaces e rapazas!!

 

    

CONSUMO SOLIDARIO OUTUBRO 2022

O día 11 de Outubro celebramos un obradoiro de Samaín co alumnado, a cargo da Escola Galega de Consumo co título: 

SAMAÍN CON-SUMO COIDADÍN!

 

  

 

 

Guía de lectura verán 2022

Presentamos as nosas recomendacións lectoras para este verán 2022 dende a biblioteca do CEIP Baíñas,

Se non vedes o documento adxunto pinchade aquí. 

 

23 F DÍA DE ROSALÍA 2022

Ola, comunidade educativa do CEIP Baíñas!!

Nesta semana, ademáis do Entroido, celebramos o Día do nacemento de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro.

Fixemos uns vídeos recitando e cantando algúns dos seus poemas, utilizando a técnica do "Croma" ou fondo verde.

Agardamos que vos gusten, desfrutádeos! 

 

 

MERENDAS SAUDÁBEIS

No presente curso iniciamos o noso compromiso para facer máis saudábeis as nosas merendas co fomento do consumo de froita. E como podedes ver gustou moito, mmm..., qué rica!!

      

SAÍDA Á "PRESA DO VAL"

Nestes últimos días de clase, e como despedida de fin de curso o alumnado de e curso, acompañados polo seu titor e mestras, desfrutaron dunha saída á área recreativa da "Presa do Val"

      

    

                                                                   

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

Durante o mes de Maio celebramos o mes das Letras Galegas, este ano adicado á poeta e editora Xela Arias.

Celebrámolo coa lectura dalgúns dos capítulos do seu libro titulado: Non te amola!, un libro inédito da autora, por ser este en prosa e porque narra aspectos da súa propia vida cando era unha nena de nove anos.

Ademáis fixemos uns obradoiros de poesía para o alumnado dende 4º a 6º curso, organizados en colaboración coa AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega), e impartidos presencialmente en cada aula pola escritora e xornalista Andrea Barreira baixo o título: "Cada día, a familia".

Ademáis o alumnado de Infantil, 1º e 2º fixeron uns debuxos alusivos á homenaxe, e os de 5º e 6º curso uns marcapáxinas conmemorativos, de diseño propio, coa impresora 3D.

          

 

 

24F DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como vén sendo xa unha costume, o pasado 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión fixemos un percorrido pola súa vida e obra facendo actividades adaptadas para cada curso.

Para rematar cantamos un dos seus poemas musicado por UXÍA: "Has de cantar"

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut