Skip to Content

Escolares

VISITAMOS O DOLMEN DE PEDRA CUBERTA

O pasado día 14 de setembro de 2023 comezamos o curso coñecendo un pouco máis sobre o patrimonio da nosa contorna visitando o dolmen de Pedra Cuberta, aprobeitando que estaban a realizar unha nova excavación arqueolóxica debido a que ademais de grabados este dolmen conta con pinturas.

Atendemos as explicacións do encargado da excavación sobre o significado e a historia do dolmen, e tamén nos mostrou algúns dos obxectos que atoparon. Gustounos moito e aprendemos a valorar o noso patrimonio!!

 

 

 

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

Querido alumnado e familias:

Coma cada fin de curso enviámosvos as nosas recomendacións lectoras dende o CEIP Baíñas:

 

Bó Verán Lector!!

NAVEGA CON RUMBO: SEGURIDADE NA REDE

O programa "Navega con Rumbo", a cargo da rede de enxeñeiros informáticos de Galicia que ofrecen aos Centros a posibilidade de informar ao alumnado e ás familias sobre os perigos de internet e das redes sociais.

Algo moi útil e que procuramos facer todos os anos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

CONTACONTOS AMBIENTAIS: SEMANA DAS LETRAS

A segunda actividade de animación á lectura o luns 15 de maio. foi a cargo dunha contacontos en galego pola semana das Letras Galegas. Ademáis traballamos ao autor homenaxeado: Francico Fernández del Riego, a nivel aula, onde realizamos actividades propostas na web do Seminario Galán.

    

MES DO LIBRO: VISITA DE "O HEMATOCRÍTICO"

Entre finais de Abril e primeiros de Maio, xuntámonos con dúas actividades de animación á Lectura.

A primeira tivo lugar o venres día 12, Miguel López, "O Hematocrítico", un escritor e mestre coruñés que visitou o noso Centro. Previamente lemos algúns dos seus libros. Fixemos un encontro literario, onde nos asinou os seus libros, e nós agasallámolo con algúns "Booktrailers" sobre algúnhas das súas obras. Foi moi amable e simpático.

Pasámolo todos fenomenal!!

 

OBRADOIRO POLA IGUALDADE

O luns 13 de marzo tivemos no Centro un obradoiro pola igualdade a cargo do Concello de Vimianzo, aproveitando o a conmemoración do 8 de marzo.

    

Programa "XOGADE": Todos co deporte!!

O CEIP Baíñas, coma en anos anteriores, participa no programa "XOGADE" a cargo da Consellería, onde facemos  actividades coma o atletismo.

A primeira carreira tivo lugar o pasado 25 de xaneiro en Cee, e para os que se clasificaron, participaron en Noia na fase intercomarcal en Noia!

Un HURRA !! polos/as nosos/as atletas.

 

 

ENTROIDO 2023

O venres día 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Nesa semana seguimos os mandados do "meco" coma todos os anos.

Este curso puxemos como tema común o DEPORTE. Fomos desfilando polas rúas do pobo e logo tivemos festa no colexio, onde nos agardaban uns postres típicos (Filloas, orellas, rosquillas,..) riquísimos e elaborados en colaboración coas familias.

Coma anos atrás foi unha gran festa e pasámolo de maravilla.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2023

O 30 de xaneiro de 2023 celebramos o Día da Paz, lanzado un berro forte decindo: NON ÁS GUERRAS!!

Fixemos un vídeo conxunto e cantamos a canción de Roberto Carlos: "El progreso"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut