Skip to Content

Escolares

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2023-24

Chegou o último día deste curso e rematámolo cunha excursión ao Galipark multiaventura de Padrón onde participamos en numerosas actividades

Dende tirolina, tiro con arco, tobogáns, hinchables e piscina.

Pasámolo xenial!!

Feliz verán e que pasedes unhas boas e merecidas vacacións!!

  

 

GRADUACIÓN 2024

O pasado 20 de xuño tivemos a cerimonia de Graduación 2024

O alumnado de Educación Infantil: Nadia e Alexia graduáronse antes de comezar a primaria para o curso que vén.

E o alumnado de sexto curso: Sara, Jimena, Eire, Saúl, Claudia e Antía graduáronse en primaria e comezarán para o ano a secundaria.

O acto estivo amenizado polo propio alumnado con distintas actuacións musicais e tamén por unha obra teatral a cargo do alumnado de sexto,

Todo saiu fenomenal e logo tivemos unha pequena festa de despedida.

Parabéns a todos e todas e moita sorte na vosa nova etapa!!

 

 

PRESENTAMOS O PUNTO LARANXA

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º curso de Ed, primaria, presentounos o Punto Laranxa: Unha iniciativa da Consellería de Educación para denunciar o acoso e/ou o ciberacoso escolar.

O Punto Laranxa estará exposto no corredor das aulas do 2º piso, a carón da Biblioteca, e tamén haberá un servizo online de denuncia na propia web do Centro

Se alquén se sinte acosado/a e/ou sabe de alguén que poda estalo, solo ten que deixar unha mensaxe no buzón do Punto Laranxa e a súa demanda será atendida polos mestres/as encargados.

Non quedes calado/a, denuncia!

 

 

 

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2024


EXPERIMENTOS, OBRADOIROS DE COCIÑA E OUTRAS SAÍDAS AO ENTORNO

Moi numerosas e productivas foron as actividades que estivemos a desenvolver nestes últimos cursos. Entre as cales están: dende xogos no patio, experimetos, obradoiros de cociña ou outras saídas ao entorno, entre outras!!

Coñecer, experimentar, aprender e ainda por riba pasándoo fenomenal!

No cole de Baíñas, é que non paramos!!

 

 

 

 

OBRADOIROS SOBRE A AUGA

O pasado 7 de maio tivemos uns obradoiros a cargo da Consellería e o departamento de Augas de Galicia, sobre os beneficios e os riscos da auga. Concretamente como podemos previr riscos coma as inundacións. Estiveron enfocados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Un tema, por desgracia cada vez máis a ter en conta nos últimos tempos, por mor de factores coma a deforestación, ou o cambio climático.

Un tema que nos conecta de chéo coa realidade do noso planeta.

   

 

LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

Paras celebrar o mes das letras tivemos varias actividades:

A nivel aula traballamos sobre a vida e a obra da autora Luísa Villata.

O venres día 16 de maio o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º ciclo, asistiron a unha obra teatral na Casa da Cultura do Concello sobre as nosas letras e en especial a autora homenaxeada.

Logo, cando voltaron ao Centro, os de 5º e 6º curso prepararon unha pezas populares e cantamos o Himno Galego na honra da autora, que tamén era música, ao igual que para homenaxear ao noso idioma.

Vivan as nosas LETRAS!

 

OBRADOIROS DE ED. SEXUAL

O venres día 10 de maio tivemos uns obradoiros sobre Ed. Sexual para todo o alumnado pola mañá e logo pola tarde tamén para as familias

Estiveron impartidas pola Doutora Carol Strate Pezdirc. Especialista en xinecoloxía e sexoloxía.

A cal, marabillounos co seu enfoque adaptado e repectuoso deste tema para cada grupo de alumnos, dependendo da súa idade. Ao igual que ás familias.

Xa sabedes, non descoidedes a vosa educación sexual, é importante para a nosa saúde tanto física coma emocional e social.

Unha grande experiencia e coa que aprendemos moito!!

 

 

DÍA DO LIBRO E DA ÁRBORE

O venres 26 de abril, co gallo do Día do Libro, tivemos unha sesión de contacontos co actor Yago Espasandín con temáticas coma a natureza ou a nosa contorna. 

Ao final, para celebrar o día da árbore plantamos un castiñeiro ao que lle adicamos unha mensaxe máxica para que medrase moi san e forte!

 

 

 

 

ENQUISAS BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2023-24

A/A da comunidade educativa:

Co fin de avaliar os resultados do funcionamento da nosa biblioteca escolar pedímoslles que cubran unha pequena enquisa co fin de mellorar este servizo e atender mellor aos usuarios da mesma. 

A enquisa estará aberta toda esta semana ata o vindeio luns día 3 de xuño, inclusive. 

Cada membro da comunidade educativa terá que cubrila no apartado correspondente, por favor rogamos que a persoa que a cubra unha vez non volva a cubrila de novo.

Moitísimas grazas pola súa colaboración.

Atentamente,

O equipo de Biblioteca do CEIP BAÍÑAS.

 

Enquisa para o alumnado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-dw0hpcr9GghqOxHytPIwuz3JRE7u...

 

Enquisa para o profesorado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMDBfI-q87FBQp6yDKkxnqRzbQ0mCN...

 

Enquisa para as familias (Pais/Nais/Titores/as...)

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdOFEu2ma9-4nf1ZTFxeGCEoQ1CDwhe...

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut