Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para conmemorar este ano o Día da Paz lanzamos as nosas mensaxes ao ár cun diseño de aspas!

Foi moi bonito e divertido!

Logo, aproveitando que conmemorábamos os 250 anos do estreno da Novena Sinfonía de Beethoven

Interpretamos o Himno á alegría coa letra de Miguel Ríos!

Por un mundo sen guerras! Por un mundo con PAZ!

 

SAÍDA A SOGAMA

Para coidar e protexer a nosa contorna non podiamos deixar de aprender como tratamos os residuos na planta de SOGAMA.

Por iso fixemos unha saída o pasado 24 de xaneiro

Foi unha moi boa experiencia coa que aprendemos moito e ademais dirvertídonos grazas a recursos tan xeniais coma as gafas de RV (Realidade virtual)

Unha pasada! Axudádesnos a coidar o medio ambiente?

 

 

 

PROGRAMA XOGADE CURSO 2023-24

Outro curso máis apostamos por manternos sans participando no programa XOGADE onde se fomenta o deporte e os hábitos saudables.

A primeira carreira foi en Cee o 19 de xaneiro e os que se clasificaron participaron tamén na fase intercomarcal en Noia o 27 de febreiro.

Parabén aos nosos campións e campionas, e tamén a todos/as os/as participantes.

Hai que mover o esquelete raparigos!!

OBRADOIROS CON NATURGY

Para comezar o ano tivemos uns obradoiros o pasado 18 de xaneiro impartidos pola empresa eléctrica Naturgy. 

Estiveron dirixidos a Educación Infantil e ao Primeiro Ciclo de Primaria.

Aprendemos moito sobre o consumo responsable e o aforro enerxético, de cara a fomentar un desenvolvemento sostible.

 

NADAL 2023

O pasado 21 de decembro celebramos o Nadal no CEIP Baíñas. Para comezar tivemos a visita de Papá Noel, e a continuación fomos a patinar á pista de xeo do Concello. De volta degustamos unha boa chocolatada con churros e para rematar cantamos unhas cantigas e panxoliñas para despedir o ano como se merece.

Foi un gran día!

         

 

25 N EN VIMIANZO (2023)

Na semana do 20 ao 24 de novembro colaboramos co concello de Vimianzo e cos demaís Centros do Concello na elaboración dun "Crebacabezas contra a violencia de xénero". Cada curso construiu unha peza con mensaxes en contra do maltrato, e o 25 N construimos o noso "crebacabezas" na praza do Concello. Queremos alzar alta e forte a nosa voz contra a violencia e o maltrato!.

 

 

 

SAÍDA A SANTIAGO: REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO E NOVA JUMP

O 30 de novembro de 2023 tivemos a nosa primeira excursión do curso á capital de Galicia, para asistir, no auditorio a unha función a cargo da orquestra sinfónica: "Pucinella"

E a continuación pasámolo fenomenal nas camas elásticas de "Nova Jump". Outro gran día no que disfrutamos un montón!

 

 

 

SAMAÍN 2023

O pasado martes 31 de outubro celebramos o Samaín con actividades variadas: Exposicións de lecturas, contos e relatos compartidos, obradoiros de cociña, disfraces, cabazas e ambientación a tope do Colexio e da Biblioteca escolar.

Pasámolo de MEDO!!

       

Distribuir contido


by Dr. Radut