Participamos no proxecto experimental E-DIXGAL desde o curso 2014-2015

No curso 2014-2015 o centro solicitou a participación no proxecto E-DIXGAL, que ten por obxectivo a utilización exclusiva de recursos dixitais nas aulas Abalar, prescindindo por tanto dos tradicionais libros de texto.

No curso 2015-2016 contamos con dúas aulas, as  de 5º e 6º cursos de primaria, que dispoñerán da plataforma virtual de aprendizaxe (EVA)  e dos libros dixitais.

 

Con data do 5 de setembro de 2014, na web de espazo Abalar, atopamos unha información sucinta das características deste proxecto.

 

NOVIDADES PARA O CURSO 2016-2017

 

MAQUETA ABALAR

A maqueta Abalar para este curso será a 5.2, baseada na distribución Debian 8.1 Jessie. Ao encender os equipos a actualización farase de xeito automático e transparente en todos os equipos Abalar.

Esta maqueta tamén poderá instalarse en calquera outro ordenador do centro descargándoa previamente  na web de Aula Aberta Abalar ou directamente no enlace

 Descarga da imaxe

Como novidades de software inclúense:

LibreOffice 5.1

Epoptes, software de control de aula.

Personalización do escritorio, coa posibilidade de incluír iconas e fondos de pantalla.

 

PLATAFORMA EVA

 

Neste curso os catálogos son precargados automáticamente nas contas do profesorado e aparecerán en modo oculto para o alumnado. O profesor/a deberá escoller os catálogos que desexe e ir facéndoos visibles progresivamente para o alumnado.

As credencias do alumnado recibiranse unha vez que estén asignados os profesores/as dos cursos en XADE.

O alumnado poderá traballar en dous modos, ONLINE E OFFLINE.

Inclúese unha FERRAMENTA DE AUTOR onde o profesorado poderá confeccionar os seus propios recursos, correspondentes a tres categorías: exercicios, contidos e proxectos. Cando un recurso esté rematado poderá subirse ao espazo Abalar e publicalo, con dereito a recibir os créditos correspondentes.