25 anos medrando xuntos (Tema núcleo 2015-2016)

Anualmente o claustro do profesorado do CEIP A Rúa escolle un tema curricular que ten por finalidade vertebrar o traballo desenvolvido no centro e facilitar a participación dos distintos niveis educativos, tanto de educación infantil como de educación primaria, en proxectos comúns.

No actual curso académico 2015-2016, o tema elixido foi a conmemoración do 25 aniversario do centro. Neste espazo recolleremos unha mostra das actividades desenvolvidas.