AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

A orde do 6 de maio de 2021, establece as instrucións para solicitar axudas de material escolar para o próximo curso 2021-2022.

Esta axuda está destinada ao alumnado que estará matriculado en Educación Primaria (de 1º a 6º) o vindeiro curso. O alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria e fixo a solicitude de reserva para Secundaria, deberá presentar a solicitude no IES de destino.

Só as familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ terán dereito a esta axuda, que se concreta nun vale por 50€.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2021.

A solicitude poderá presentarse de dous xeitos:

1. Cubrila directamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Procedemento ED330B. Con certificado electrónico ou con Chave 365.

2. Descargar o impreso Anexo I e II para cubrilo, asinalo e entregalo no centro para a súa tramitación. Poderá recollerse tamén na Conserxería.

A solicitude deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019.

A documentación a entregar será:

  • Solicitude cuberta e asinada.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentencia ou convenio regulador, onde conste a custodia do/a menor.
  • No caso en que a unidade familiar non coincida, certificado de convivencia.
  • No caso de discapacidade, certificado do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • De ser o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.