Probas de avaliación individualizada para o alumnado do 3º curso de primaria

A Consellería de Educación convoca a proba de 3º de primaria, que non terá efectos no expediente académico dos alumnos e servirá para mellorar a calidade educativa.
 
A proba realizarase os días 27 e 28 de maio e nela participarán arredor de 22.000 nenos e nenas de todos os centros educativos de Galicia.
 
Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelá.
 
Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
 
Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, dos alumnos e dos seus pais e titores, polo que en ningún caso se establecerán ránkings de centros.
 
En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular dun alumno.