Blogues

EXTRAESCOLARES

ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

            Este curso escolar toca renovar  parte do Consello Escolar ( 3 pais, un deles representando a ANPA e 3 mestres do centro). Polo que precisamos un candidato de entre os pais para pertencer a esa mesa electoral das eleccións que se celebrarán o 23 de novembro, ( seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG  9 de agosto)

            Os candidatos, terían que ser pais ou nais con dispoñibilidade horaria polas mañás para poder vir ao centro. Aqueles interesados ou interesadas escribídeme o correo do centro ceip.arua@edu.xunta.gal, co asunto Xunta Electoral. Cos que mes escribades ata venres farei un sorteo público no cole, para seleccionar un candidato, ese sorteo realizarase o vindeiro luns 18 as 9:35 no comedor, a resolución desta será comunicada na páxina web do centro ese mesmo luns.

 

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA

 

A RÚA ENTRA NA TÚA CASA

 

Co fin de fomentar o uso do galego na nosa escola e como parte do proxecto “A Rúa sae á Rúa” gustaríanos contar coa participación das familias nesta actividade.

 

Cada mes os nenos e nenas dun curso terán a oportunidade de gravar un conto, unha historia, un relato... xunto coas súas familias, na nosa lingua galega. Despois faránolo chegar ao cole para que todos e todas poidamos desfrutar del e realizaremos diversas actividades nas aulas.

 

ANIMÁDEVOS, A CREAR E CONTAR HISTORIAS MARABILLOSAS!!!!

 

Empezaremos no mes de outubro cos nenos e nenas de 6º de primaria.

 

No mes de novembro será o alumnado de quen nos deleite cos seus contos.

 

Antes de nadal, alá polo mes de decembro serán os de 4º de primaria quen nos conten as súas historias.

 

Xa co aninovo, no mes de xaneiro os nenos e nenas de inaugurarán o ano cuns fermosos contos.

 

No mes de febreiro será o alumnado de 2º de primaria quen nos invite a escoitar os seus relatos.

 

Continuarán os máis pequenos de primaria, os de 1º curso no mes de marzo, con relatos na primavera.

 

No mes de abril, comezarán a contarnos as súas historias os de infantil, comezando cos de 5 anos, continuaremos en maio no mes das Letras Galegas cos de 4 anos e rematarán esta proposta co alumnado de 3 anos no mes de xuño.

 

Unha semana antes de cada mes lembraremos o curso ao que lle vai tocar esta grande experiencia.

 

ANIMÁDEVOS FAMILIAS!!!!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Adxunto ficheiros coa información e folla para cubrir.

 

PROGRAMACIÓNS POR CURSOS 2021-22

REANUDACIÓN PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

A Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, determina a reanudación do proceso de admisión do alumnado e establece os seguintes prazos:

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: Do 11 ao 18 de maio de 2020.

Novos prazos do procedemento:

  1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 26 de maio de 2020.
  2. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  3. Reclamacións contra as listaxes provisionais: nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
  4. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  5. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

A solicitude de admisión poderá facerse de xeito telemático, na web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, e tamén de xeito presencial no centro, de luns a venres de 9:30 ás 14:30.

Por motivos de seguridade sanitaria, atenderemos con CITA PREVIA. Pódese solicitar por teléfono: 886 110 190 ou por correo electrónico: ceip.arua@edu.xunta.es

 

Escola de familia no curso 2016-2017


Animamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de familia organizada polo Centro Municipal de Benestar Social do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
O vindeiro martes, día 11 de outubro, ás 16:30, no CEIP A Rúa, terá lugar a presentación do programa anual, á que estades todos e todas convidados, e na que se falará dos temas a tratar durante o curso, dos horarios que preferides, e de calquera dúbida que poidades ter ao respecto.
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Convocatoria bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2016-2017

Son unha bolsas que concede o goberno central: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

- Prazo presentación: 8 de agosto ao 29 de setembro de 2016.

- É obrigatorio cubrir o formulario vía on-line. Hai que acceder á páxina web do MECD, darse de alta como usuario da aplicación, cubrir o formulario, imprimilo e presentalo no centro escolar. NON HAI OPCIÓN DE ENCHER OS DATOS NUN FORMULARIO EN PAPEL.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

Para calquera dúbida, ou en caso de necesitar axuda, chamar ao teléfono 986 80 59 55

Roni recomenda as lecturas para o verán

Roni, a mascota da nosa Biblio, recoméndanos para o verán uns cantos libros, atendendo aos diferentes niveis de educación infantil e de primaria. Podedes velos e descargar o tríptico no ficheiro adxunto.

 

Distribuir contido