Actividades LIM
Para repasar os contidos por cursos e áreas en forma de múltiples xogos de preguntas e respostas.
Matemáticas
ProblemáTICas Primaria : web para traballar a resolución de problemas (Premio ITE 2009), elaborada por Juan García Moreno.
Así calculamos en mi cole, Actividades de cálculo, dando primacía ao pensamento e a expresión oral do mesmo. Autor: Juan García Moreno // CEIP. Blas Infante // Lebrija (Sevilla)// 2010 - 2011.
Matemáticas Primaria, Con rigor didáctico e da maneira máis amena, motivadora e creativa posible, pretende facilitar unha actividade matemática orientada como saber facer autónomo e favorecer o desenvolvemento do gusto polo descubrimento mediante actividades e manipulacións que constitúen o inicio razonable dun coñecemento matemático. Autor: Juan García Moreno.
Didáctica das Matemáticas en Primaria, de Juan García Moreno. Manipulables virtuais de matemáticas. Na liña das anteriores, moi boa.
Por un ensino-aprendizaxe da matemática que integre as TICs con fundamento didáctico, baseada na ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, a análise crítica do currículo, o desenvolvemento de competencias e o fomento da CREATIVIDADE.
Lingua Galega e Castelá
Aplicación para mellorar a competencia lectora, Dende o Centro de Recursos e Profesores de Mérida chéganos unha aplicación para traballar a aprendizaxe da lectura e a mellora da velocidade lector. Autores: Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.
Comprensión lectora (prácticas de lectura intensiva), con actividades para ordenar unidades, completar textos, relacionar textos e/ou unidades, discriminar información, etc.
Mundo Primaria : Portal de xogos educativos e didácticos para a etapa de Primaria.