RECOMENDACIÓNS 1º CICLO
Para os máis pequenos de Primaria as tarefas propostas son moi sinxelas: realizar cálculo ( sumas e restas con levadas) algunha copia ou ditado e sobre todo: LER MOITOOOO.
E como nos restantes cursos é importante disfrutar da familia xogando, por exemplo,a xogos de mesa; cociñando,vendo películas xuntos, facendo manualidades... tamén é fundamental que axudedes na casa coas tarefas domésticas que poidades: recoller o voso cuarto, regar as plantas, poñer a mesa...
Ánimo que isto pronto pasa!