Blogues
Nos menús que se despregan pódese consultar a composición dos seguintes órganos ou departamentos:
Dirección
Claustro
Consello Escolar
Departamento de Orientación
Neste mes de setembro levamos a cabo dúas experiencias moi relacionadas coa nosa contorna:
-Por un lado fixemos un rico zume con uvas que os nenos/as trouxeron das súas casas. Este taller permitiunos estimular os diferentes sentidos, especialmente o olfacto, o tacto e o gusto.
-Por outro lado como xa é habitual dende fai uns anos, acompañamos a Manuel e a Julia a esfollar o millo. Grazas a esta actividade podemos levar ó cole mazorcas que despois empregaremos para diferentes fins: traballar a motricidade fina debullando ou collendo grans coa pinza, contar grans, clasificalos, agrupalos...
FORON DÚAS EXPERIENCIAS MOI DIVERTIDAS!
"Fotografía en su tinta" é o título dun proxecto levado a cabo polo alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria nas áreas de Lingua Castelá e Educación Artística (Plástica). A través dos textos poéticos e a fotografía abordáronse diferentes contidos do currículo.
No documento que se adxunta podedes ver con moito detalle as actividades que se realizaron así como algunhas fotografías que ilustran o proceso.
Fran