A clase de 3º e 4º de primaria

COLORES - F. G. LORCA

O pasado venres estivemos traballando na aula de plástica sobre un fermoso poema de Federico García Lorca.

Antes de comezar a pintar recordamos algo importante: debuxar e pintar ben non significa imitar a realidade. Deste xeito, eu comecei lendo o poema en voz alta e eles e elas debuxaban. Posteriormente mostreilles os versos escritos en papel continuo mentres facían os últimos retoques ás súas obras.

Este foi o resultado:

Ao día seguinte algún/algunha animouse a memorizar o poema e recitalo para toda a clase.

Seguiremos facendo actividades arredor desta obra como paso previo ao traballo dos textos poéticos na área de Lengua.

Fran

LLAVERO ORTOGRÁFICO

Boas!

Aquí comparto a primeira actividade do curso 2021-2022. Nesta ocasión estivemos traballando as normas ortográficas e de presentación que debemos ter en conta cando revisemos os nosos textos.

Se entrades no documento adxunto podedes ver todo o proceso.

Benvidos e benvidas a este novo curso.

Seguimos aprendendo!

Fran 

 

 

PROXECTO KEITH HARING

Cando nos últimos días deste curso 2020-2021 reflexionamos sobre os bos momentos que pasamos xuntos, a maioría falou do Proxecto Keith Haring. Aqueles días pintando a caseta gardámolos con moito cariño.

Agora podedes recordalos entrando no seguinte enlace:

"DEBUXAR É SACAR UNHA LIÑA DE PASEO"

 

Bo verán a todos e todas e non esquezades debuxar e pintar moito!

 

Fran

MAPAS EN CIENCIAS SOCIAIS

Boas!

Aquí deixo o enlace dende o que podedes ver o traballo feito en equipo na área de Ciencias Sociais arredor do relevo de España e Galicia.

 

https://drive.google.com/file/d/15_GuByCLIQmWt9Cw38VrQ-T3LuYpfPBi/view?usp=sharing

Distribuir contido