Skip to Content

ORGANIZACIÓN ENTROIDO 9 DE FEBREIRO DE 2024

Prezadas familias.

 

Toda a comunidade educativa espera, cada ano, con moita ilusión a celebración do entroido e o desfile polo barrio. Desafortunadamente, semella que a situación meteorolóxica vai impedir o paseo previsto polas rúas da Almáciga.

Por tanto, en vista da predición meteorolóxica para mañá, modificaremos a organización da xornada como segue:

 

  • Non está previsto realizar desfile exterior. Se nalgún momento escampa ou abre o día, tentaremos realizar unha versión abreviada do percorrido, pero non podemos prever en que momento será.

  • O alumnado permanecerá nas aulas (preparando disfraces ou realizando actividades académicas) ata as 11 h. Nese momento acudirá ao pavillón, onde terá lugar un pequeno desfile de entroido, acompañado de música.

  • As familias poderán acceder a partir das 11 horas.

  • Unha vez rematado este desfile de serviranse doces de entroido* para o alumnado. Estes doces son un petisco a maiores da merenda habitual e do leite que se ofrece no recreo.

 

Cómpre lembrar que aquelas familias que desexen levar do centro os seus fillos ou fillas antes da hora habitual deben comunicarllo á titora e asinar o documento correspondente que está á súa disposición en conserxería.

 

O centro agradece a colaboración da ANPA no cofinanciamento dos alimentos que se van distribuír e na xestión da música que nos acompañará.

 

*Haberá orellas e filloas. Tamén biscoitos sen glute.

 

A dirección

 

 

 

 



contido_eq_directivo | by Dr. Radut