Skip to Content

Campo a Través en O Pino

Participamos en  Campo a Través  do programa deportivo  XOGADE  

Xogade – Campo a Través – Fase Comarca Touro 2020 – 03/12/2019 – O Pino

Iniciativa da Xunta de Galicia onde os escolares, de xeito voluntario, teñen a posibilidade de practicar e competir con clubs e colexios de toda a Comunidade Autónoma, combinando o deportivo e competitivo, o escolar e o federado, nun programa lúdico e participativo co obxectivo principal  da promoción da saúde e o benestar, sen esquecer nin descoidar o rendemento deportivo.

Salientamos a boa participación dos nosos escolares, case o 60% do alumnado de segundo a sexto de primaria.

Participación bastante exitosa pois  acadáronse tres medaias de bronce e unha de prata en diferentes categorías.

A actividade  discorreu nun  entorno natural excepcional  e a meteoroloxía acompañou, dando unha pequena tregua  para poder realizar estas actividades ludico-deportivas, o que  permitiu a comunicación e a convivencia e como non o divertimento.



contido_coordinadores | by Dr. Radut