TITORÍA 1ºA
1ª A - Remate do curso
Enviado por Anónimo o Lun, 15/06/2020 - 15:20Bo día familias!
Chegamos a conclusión do curso!
Manifestarvos o meu agradecemento pola vosa colaboración, especialmente neste trimestre.
Foi un pracer traballar con vós. A seguir mantendo a ilusión e curiosidade para aprender.
A disfrutar, sempre con sentidiño, do descanso veraniego.
Moitos biquiños e unha agarimosa aperta.
Dominga.
TITORÍA 1ºA Actividades 8-12 xuño
Enviado por Anónimo o Dom, 07/06/2020 - 19:59Boa tarde familias!
Á volta da esquina xa vos espera o tan ansiado descanso, despois de tanto esforzo para sacar adiante este trimestre.
Noraboa a todos e a todas pola vosa implicación. Bo traballo!
No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1º A para esta semana.
Moitos biquiños.
TITORÍA 1ºA Actividades 1-5 xuño
Enviado por Anónimo o Dom, 31/05/2020 - 22:11Boa tarde familias!
Xa estamos en xuño, último mes deste curso tan… digamos especial.
Veña! Ánimo valentes! Un pouco máis de esforzo que xa chegan as vacacións.
No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1º A para esta semana.
Unha grande aperta.
TITORÍA 1ºA Actividades 25-29 maio
Enviado por Anónimo o Dom, 24/05/2020 - 20:19Boa tarde familias!
Xa estamos na última semana de maio, encamiñados cara o remate deste curso.
E importante que non baixédelo ritmo na dedicación e esforzo posto nas actividades enviadas. A vosa implicación é fundamental.
Somos un gran equipo! Xuntos conseguiremos alcanzar a meta!
No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1ºA para esta semana.
Unha grande aperta
TITORÍA 1ºA Actividades 18-22 maio
Enviado por Anónimo o Dom, 17/05/2020 - 21:24Boa tarde familias!
Outra semana máis...
Sigamos organizando, con actitude positiva e en maior ou menor medida, a rutina diaria onde teña cabida un tempo para estudar, aprender, facer exercicio, xogar e axudar na casa. Tamén manter a curiosidade sempre esperta.
Vamos valentes! Imos indo ben!
No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1º A para esta semana.
Moitos biquiños.
TITORÍA 1ºA Actividades 11-15 maio
Enviado por Anónimo o Dom, 10/05/2020 - 23:58Boa tarde familias!
Seguimos en maio e seguen as rosas. Esperamos que nos proporcionen moito ánimo para seguir atendendo as responsabilidas, de cadaquén, con alegría e cariño.
No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1º A para esta semana.
Xa está aquí o 17 de maio! A celebralo coas “MIL PRIMAVERAS MÁIS!
Unha grande aperta.
TITORÍA 1ºA
Enviado por Anónimo o Dom, 03/05/2020 - 19:59Boa tarde familias!
Xa podemos dar un paseo e así contemplar as flores de maio, repirar os seus aromas, ver e escoitar os paxaros… Resumindo: contemplar e respirar o despertar da natureza con todo seu esplendor!
Vamos! Ánimo valentes!
No arquivo adxunto están as actividades propostas para esta semana polo profesorado de 1ºA.
Saúdos e biquiños.
TITORÍA 1ºA
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 08:40Bo dia familias
Alégrome de que disfrutaras da saída as rúa… Coa falta que facía verdade!
No arquivo adxunto están as actividades propostas para esta semana polo
profesorado de 1ºA.
Seguide así de traballadores e responsables, campiós e campioas!
Saúdos e moitos biquiños.
EDUCACIÓN FÍSICA (20-24 abril)
Enviado por Goretti Cordeiro o Sáb, 25/04/2020 - 00:52Ola rapaces-as para comezar con bo pé esta segunda semana nada millor que un pouco de actividade para manternos en forma. Déixovos un arquivo adxunto coas propostas e tamén o meu enderezo electrónico ( gorettic@edu.xunta.es) por si queredes enviarme algún comentario ou suxestión.
Ánimo, xuntos e activos na casa o conseguiremos.