Magosto 2020

Onte, 10 de novembro, celebramos o Magosto na escola. Foi un magosto diferente pero cheo de actividades interesantes que o alumnado de 1º gozou moitísimo!

Primeiro lemos, aprendemos e cantamos a canción O OUTONO, de Uxía Lambona e a banda molona.

Despois decoramos as axendas, escribimos un poema na libreta, fixemos manualidades e comemos castañas.

Botade unha ollada aos traballos que fixo a rapazada!!!