Blogues

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro, este ano reflexionamos sobre cal era o libro que máis no gustou do Bibliocastelo.

Despois fixemos un  traballo plástico no que ademais de poñer o título, o nome do autor ou autora tamén escribiamos por que nos gustou e faciamos un debuxo.

Se clicas na seguinte imaxe poderás ver cales foron as nosas recomendacións.

 

Posteriormente elboramos por equipos un guión de radio e fomos gravar á nosa emisora

 

GHALLUFADAS

A rapazada de segundo ciclo achegouse o venres ata a piscina municipal onde se celebrou o evento GHALLUFADAS. Puideron disfrutar de diversos xogos de mesa e pasárono bomba!!!

 

GHALLUFADAS

Sabiades que ghallufar significa facer trampas? Sabiades que esta palabra é propia de Bueu? Pois si, e o noso Concello rescatouna da memoria das persoas maiores e púxolle ese nome á actividade a que nos invitou este venres.

Pasámolo bomba, recorrendo as distintas mesas e xogando a todos os xogos de mesa que alí había!

 

ROTEIRO POLO RÍO BISPO

Para rematar o proxecto das plantas, os terceiros fomos nunha camiñata pola beira do río Bispo. Recollemos un montón de follas e flores para clasificalas na clase.

Ao rematar, merendamos no parque e xogamos un bo rato aproveitando o día solleiro.

Foi unha mañá moi divertida! 

Ollade o seguinte vídeo.

EXPERIMENTAMOS COAS MEDIDAS

O alumnado de cuarto aproveitamos os recursos que nos ofrece a nosa aula de ciencias para experimentar distintas medidas de capcidade e peso.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA

Xornada de balonmán dentro do programa XOGADE no pavillón da Raña en Marín.

O alumnado de cuarto de A Pedra compartimos pista de xogo coa rapazada do mesmo nivel do CEIP Montemogos de Beluso e o CPR Virxe Milagrosa de Bueu.

Todxs nos sentimos campións.

 

Pasámolo xenial!

DAS ELECCIÓNS Ó CONCELLO

 
 
 
 

XORNADA VOLEIBOL

CONVIVENCIA VOLEIBOL 

O 12 de abril o alumnado de de primaria tiña unha cita no Ifevi de Vigo para participar nunha xornada de iniciación o Voleibol. A xornada estaba organizada polo Servizo Provincial de Deportes en colaboración coas Agrupacións deportivas da zona, para todos aqueles nenos-as que previamente participaran no programa Xogade en centro.

Por iso ás 9:30 estaba na porta do colexio un autobús para recollernos e aló fomos un tanto nerviosos pero moi ilusionados porque sabíamos que íamos atoparnos con outros nenos-as coma nós do CPR Virxen Milagrosa, do Ceip da Espiñeira, do Ceip de Reibón e do Ceip A Guía. Repartímonos en 6 grupos e fomos emparellándonos con tódolos equipos dos outros centros. Pasou todo moi rápido tiñamos que xogar, rexistrar nun marcado os puntos e anotar nunha acta o resultado final. Ao rematar merendamos e falamos un chisco cos rapeces-as dos outros colexios. Resultou unha xornada de convivencia deportiva moi divertida e saudable. Esperamos poder repetila.

REUNIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Deixamos aquí o resumo da reunión desta tarde. Pincha na imaxe para acceder á presentación.

ANDREA MACEIRAS: AUTORA DE ALMA DE ELEFANTE

Que ganas tiñamos de coñecer a escritora que foi capaz de escribir este precioso libro!

 

E por fin chegou o día e este mércores, 3 de abril, Andrea Maceiras chegou ao noso cole para falarnos de ALMA DE ELEFANTE.

 


 

Andrea falounos do debuxo que atopou cerca do templo de Angkor en Camboia e que significou a inspiración desta entrañable historia. Contounos do seu amor polos animais e do seu respecto por culturas diversas.

 

Contestou amablemente a todas as preguntas que lle fixemos, que foron moitísimas. Así  soubemos que coñeceu a un elefante nun refuxio cunha biografía parecida a de Tep. Tamén que o personaxe que máis lle gusta de todos os libros que escribiu é Lawen. Descubrimos que xa ten moitos libros escritos e que pronto se publicarán máis.

 

 

Finalmente asinounos os libros.

 

 

Neste vídeo poderedes observar como Andrea, coas súas palabras foi quen de transportarnos a  Sad Napa e de introducirnos dentro do templo da velliña Champei en Sad Naapa. Pincha na imaxe para ver como vivimos este momento.

GRAZAS ANDREA!

 

Distribuir contido