blogue demctrasre

LETRAS GALEGAS 2014

GALICIA renderá homenaxe a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO co gallo da celebración do Día das Letras Galegas no 2014.

A  Real academia Galega (RAG) tomou a decisión de dedicar o Día das Letras 2014 a Xosé María Díaz Castro, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle van render ao poeta guitiricense o vindeiro ano.

Máis información premendo neste enlace:  http://www.edu.xunta.es/web/node/9833

 

MENÚ COMEDOR XANEIRO DE 2014

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

PREME NA LIBRETA SE QUERES VER A LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

ADMISIÓN 2013-2014


APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013-2014

PRAZO: do 5 ata o 17 de abril de 2013

 

Documentación:

  • DNI do pai e da nai do alumno/a.
  • DNI do alumno/a ou copia do Libro de Familia.
  • Tarxeta Sanitaria do alumno/a.
  • Cartilla de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carnet.
  • Impreso de solicitude de admisión (Será facilitado no Centro).
  • Autorización publicación imaxe do alumno/a na Web do Centro (Facilitaráselles no centro).

* O pai/nai do alumno/a deberá comunicar no momento de formalizar a matrícula se desexa que o seu fillo/a reciba clases de relixión. Tamén deberá asinar a súa aceptación ou denegación de permiso para fotos, vídeo do alumno/a e para a súa publicación na Web do centro ou na revista escolar.

PAZ 2013

O 30 de xaneiro celebramos no centro o día da PAZ, con cancións e bailes e todos xuntos elaboramos un bonito mural.

ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013

Este ano o noso centro quixo facer unha cariñosa homenaxe  a MILIKI, falecido recentemente. Os distintos ciclos elaboraron disfraces para cantar e bailar as súas cancións.

Os nenos e nenas de Educación Infantil participaron con "LA GALLINA TURULECA"

 

 

Os nenos e nenas do 1º CICLO DE PRIMARIA participaron con "HABÍA UNHA VEZ UNHA ILUSIÓN".

 

 

Os alumnos e alumnas do 2º CICLO participan con "SUSANITA TIENE UN RATÓN".


 

 

O 3º CICLO fai un Mix de distintas cancións de MILIKI.

 

 

MENÚ DO MES DE FEBREIRO DE 2013

SE QUERES VER MELLOR O MENÚ DO MES DE FEBREIRO DE 2013, FAI CLIC NA IMAXE.

NADAL 2012

FESTIVAL DE NADAL 2012

PARA VER MÁIS FAI CLIC NO ENLACE.

OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL REPRESENTAN "BUSCANCO UNHA ESTRELA"

OS ALUNOS E ALUMNAS DO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA FAN A SÚA ÁRBORE DE NADAL.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO QUEREN LEMBRAR AO RECENTEMENTE DESAPARECIDO "FITO" DO GRUPO "A RODA"

 

MENÚ MES DE DECEMBRO DE 2012

SE QUERES DESCARGAR O MENÚ DE DECEMBRO FAI CLIC NA IMAXE

Distribuir contido