Novas

Preincrición e renovación dos servizos complementarios dependentes do Concello de Ames

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024

Desde o 1 ao 31 de marzo estará aberto o prazo para preinscrición e/ou renovación dos servizos de conciliación do Concello de Ames.

Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.

Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024

Máis información no enderezo www.conciliames.gal

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.

 

O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

 

Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

 

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. O noso centro pertence á zona de "interior de a Coruña", polo que en principio está en seguimento, si houbera cambios enviaríanse novos avisos.

 

2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.

 

3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.

 

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ELIXIDAS

Os membros da XUNTA ELECTORAL encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar proceden  á proclamación das candidatas elixidas nas votacións de representantes de nais e pais ao consello escolar do centro:

  • Dª Elena Pérez Pereira, que obtivo 9 votos.
  • Dª Silvia López Ben, que obtivo 3 votos.

 

De acordo co  artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial  da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.

 

Bertamiráns, 1 de decembro de 2022

XI CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DENTES DO RATO PERÉZ

 

O Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) organiza unha campaña anual de recollida de dentes de leite de nenos e nenas para fins científicos que abarcan desde o estudo da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicas.


A campaña, que se desenvolve ininterrompidamente desde 2014, enmárcase no proxecto “Colección Rato Pérez”, iniciativa do grupo Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) e da súa Unidade de Cultura Científica e Innovación. A colección xa abarca máis de 3.000 pezas.

En Galicia o Consello Superior de Investigacións Científica, a través da súa Unidade de Cultura Científica (Delegación Institucional), participa na campaña. Como na edición de 2021, a recollida levarase a cabo o sábado 26 de novembro no CULTURGAL (Pontevedra). Así, persoal da UCC do CSIC en Galicia estará ese día no de 12:00 a 13.30 horas e de 16:30 a 18:30 horas no Carriño do CSIC recollendo os dentes de leite daquelas familias que desexen sumarse á iniciativa. Tódolos participantes recibirán un diploma e un obsequio pola súa participación. Antes de entregar as pezas os país/nais/titores legais das nenas e nenos terán que cubrir un cuestionario con diversos datos e asinar un consentimento no que se informa do uso que recibirán ditas pezas.

Un dos obxectivos desta iniciativa é que persoal científico de calquera parte do mundo e de diferentes campos da ciencia, como a arqueoloxía, a antropoloxía forense, a medicina oral e dental ou a paleoantropoloxía, poida acceder en persoa ou virtualmente aos datos desta gran colección de dentes de nenas e nenos nados durante o século XXI para os seus propios estudios.

O CSIC en Galicia é a única entidade galega que participa nesta campaña de recollida de pezas dentais, aínda que desde o CENIEH confían en ampliar o alcance a outras comunidades, e levala a outros países como Arxentina e Australia.

Vinde á CULTURGAL, buscade o Carriño do CSIC e non esquezades traer os dentes!!!

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.-López Ben, Silvia.

2.-Pérez Pereira, Elena

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, sendo un deles proposto pola ANPA. Os outros dous representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior,

As votacións no sector pais/nais serán o 28 de novembro de 2022 no seguinte horario:

  •   de 16:30h  a 19:30 horas

 

    O que se fai público para xeral coñecemento.

Renovación Consello Escolar

O mércores 2 de novembro de 2022 realizarase un sorteo público ás 13:15h, para designar ás persoas titulares e suplentes que conformarán a Xunta Electoral.

  Rematado o sorteo enviaráselle citación ás persoas designadas para constitúir a Xunta o día 7 de novembro ás 16:30h. 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

As reunións de inicio de curso faranse de xeito presencial na aula de cada grupo agás a de 5º de infantil que será conxunta.

  • 5º de educación infantil: luns 12 de setembro ás 16:30h. (será conxunta e farase na sala de psicomotricidade do edificio de educación infantil).
  • 6º de educación infantil: luns 19 de setembro ás 16:30h.

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º A, B e C: luns 12 de setembro ás 16:00h.
  • 2º A, B e C: luns 12 de setembro ás 17:00h.
  • 3º A, B e C: luns 19 de setembro ás 16:00h.
  • 4º A, B e C: luns 19 de setembro ás 17:00h.
  • 5º A, B, C e D: luns 26 de setembro ás 16:00h.
  • 6º A, B e C: luns 26 de setembro ás 17:00h.

 

Distribuir contido