Novas

Resultado do sorteo público das letras para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para 2021/22

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

Día internacional da muller e a nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por  veciñas de Ames co obxectivo de  visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.

Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.

Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.

 

 

Colaboración en estudo sobre as habilidades socioemocionais

Estimadas familias, queremos iniciar unha colaboración coa Facultade de Psicoloxía de USC para realizar un estudo sobre as habilidades  socioemocionais e o seu papel na prevención de problemas emocionais en nenos/ as do último curso de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.

Os datos solicitados a partir destes traballos van orientados a adaptar un instrumento de avaliación das habilidades  socioemocionais e enmárcanse nun proxecto máis amplo dirixido a elaborar e avaliar un programa de prevención centrado no desenvolvemento das habilidades  socioemocionais nos nenos e nenas dos primeiros anos de Educación Primaria.

A realización deste estudo require da colaboración tanto de pais/nais/titores legais como dos profesores dos seus fillos/ as que deberán contestar un pequeno cuestionario sobre as condutas dos/ as nenos/ as.

Hoxe o seu fillo/a súa filla levará un consentimento informado, no que  solicitamos o seu permiso para poder incluír ao seu fillo/a no estudo. Os datos que se recollerán son totalmente anónimos e analizaranse de forma agregada (análise dos datos en grupo, nunca de forma individual) só para os obxectivos desta investigación. A firma deste consentimento non lle compromete a nada e poderá deixar o estudo no momento que o desexe.

Os datos que se facilitan no consentimento van dirixidos exclusivamente ao profesor dos seus fillos/ as, para que eles saiban que nenos/ as considerar no estudo. Os  datos do consentimento non se compartirán con terceiras persoas, nin tan sequera coas persoas da USC que realizarán o traballo.

Grazas pola vosa colaboración

BOAS FESTAS E POR UN VENTUREIRO 2021

Entrega de máscaras reutilizables

 

 

 

Entre os días 21 e 22 de decembro farase entrega das máscaras ao alumnado beneficiario da axuda. Levan as máscaras e un documento de entrega que deberán devolver cuberto e asinado ao centro.

 

Cada alumno/a beneficiario/a da axuda leva 3 máscaras hixiénicas reutilizables de dobre capa, empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Cunha durabilidade de 80 lavados, son altamente resistentes, realizadas en tecido  hidrófobo e  antibacteriano. Fabricadas segundo a especificación UNE_0065 para uso do alumnado. (Norma Ministerio Sanidade España).

 

As 3 máscaras cobren a necesidade de uso para as 122 xornadas lectivas que se computan desde a resolución definitiva (1 de decembro) ata o final de curso (22 de xuño).

 

Resultado do Certame de debuxos e relatos de medo

Educación infantil

 

 Modalidade grupal: Debuxo

Seleccionáronse todos, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
Educación primaria

 

·         1º de educación primaria_ Modalidade grupal
Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.

 

·         2º de primaria
Relato gañador: "O vampiro" de M.G.R. de 2ºB. Recibirá un libro de agasallo
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo " A casa encantada dos vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.

 

·         3º de primaria
Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de P.F.B de 3ºB. Recibirá un libro de agasallo

 

·         4º de primaria
"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a aula
 "O Samaín terrorífico" de S.M.G de 4º D. Recibirá un libro de agasallo

 

·         5º de primaria
"Os horrores" de N.P.F. de 5º A. Recibirá un libro de agasallo

 

·         6º de primaria
" A casa do xardineiro" de M.G.T de 6º C. Recibirá un libro de agasallo

 

 

Resolución definitiva das axudas para máscaras

Non habendo reclamacións ás listas provisionais, pasan a definitivas, sen modificacións.

En canto teñamos as máscaras no centro, recibirán un aviso para pasar a recollelas e asinar o documento de entrega.

Serán avisados por abalar móbil.

 

SAMAÍN 2020

 

Estimadas nais, pais, familias:

 

Debido á actual situación sanitaria, este ano non se realizará a exposición de cabazas decoradas e talladas que se viña celebrando todos os anos no colexio polo Samaín.

 

Por iso, este ano pedímosvos que as decoredes na casa como xa viña sendo habitual e lle saquedes unha foto que se enviará ao titor/a por correo electrónico  ao longo da semana que ven. Con esas fotos farase unha exposición en cada clase e os propios alumnos votarán a súa favorita. As que finalmente resulten seleccionadas colgaranse na páxina web do cole.

 

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

 

Equipo de dinamización de actividades complementarias e extraescolares do CEIP A Maía.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR E DOS SERVIZOS BOS DÍAS COLE E TARDES DIVERTIDAS

Adaptación ao protocolo de prevención a transmisión da COVID-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios e as instrucións polas que se incorporan a Declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consello Interritorial do Sistema de Saúde Pública (DOG núm. 174 bis de 28/08/2020) e a actualización das recomendación sanitarias do Comité Clínico ao protocolo de 22 de xullo de 2020 de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021. 

 

CONSULTE NESTA LIGAZÓN O PLAN DE ADAPTACIÓN DO COMEDOR E DOS SERVIZOS BOS DÍAS COLE E TARDES DIVERTIDAS

Axenda escolar

Desde o EDLG do CEIP A Maía comprácenos compartir con toda a comunidade educativa as axendas escolares creadas polo portal de recursos web "Aulas Galegas". As axendas podense descargar de balde nas seguintes ligazóns:

Axenda alumnado:

https://drive.google.com/file/d/1tQcY57uhXtpyfcx-EJUxbrCtfYac8xfh/view

Axenda docentes:

https://drive.google.com/file/d/142eN-CCYJ3uGP2azRBvsTfX7W3-_nWLu/view 

Distribuir contido