blogue deDirección do Centro
Preincrición e renovación dos servizos complementarios dependentes do Concello de Ames
O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024
Desde o 1 ao 31 de marzo estará aberto o prazo para preinscrición e/ou renovación dos servizos de conciliación do Concello de Ames.
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024
Máis información no enderezo www.conciliames.gal
Modo galego, actívao!
Estimadas nais, pais, familias
A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos do concello decidimos desenvolver colaborativamente O proxecto Modo galego, actívao!
O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.
Trátase de facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego, e artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.
Podedes consultar o funcionamento do programa no seguinte enderezo Día 0 - En que consiste o programa de compromiso lingüístico? (academia.gal)
A lingua galega e o seu emprego habitual é un eixo fundamental do noso proxecto educativo, e entre todos os integrantes da comunidade educativa debemos potencialo, xa que forma parte da nosa identidade como pobo e forma parte do noso valioso patrimonio, por iso pedimos a vosa colaboración e implicación.
Un saúdo
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24
O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.
O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.
- Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
- Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
- Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
- A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Mandadiños do Meco e Venres de Entroido
Prezadas nais, pais, familias:
Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática do cine, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven.
Luns: Se a peli " Solo en casa" queres recordar, en pixama terás que quedar.
Martes: Se unha peli de indios queres filmar, unhas plumas e pinturas terás que apañar.
Mércores: Gústanche os súper heroes? Se queres voar unha capa de Superman deberás buscar.
Xoves: Teño unha idea excelente! Fai coma Willy Wonka e trae uns bos lentes.
Pódense facer de xeito acumulativo ou non. Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel.
Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.
Grazas pola vosa colaboración.
AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. O noso centro pertence á zona de "interior de a Coruña", polo que en principio está en seguimento, si houbera cambios enviaríanse novos avisos.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IESP de AMES) CURSO 2023/2024
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
As solicitudes tramitaranse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (no colexio) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia , para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.
1. Usuarios sen identificar
Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.
2. Usuarios identificados
Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.
Formulario en papel