Skip to Content

blogue deadmin

Mandados do MECO

O Entroido xa se achega e con el os tradicionais "Mandadiños do Meco".

A petición dos rapaces e rapazas do cole recuperamos o día de vir en pixama! 

Listos para pasalo ben?

 

 

 

 

Velaquí tedes o percorrido do noso pasarrúas:

Dándolle á agulla

Comezamos a "darlle á agulla" facendo un pouco de aprendizaxe-servizo moi doméstico.

Os pequenos de infantil dispoñen dun aula de xogo simbólico e precisaban un par de manteis para as súas mesiñas.

 

Collemos unha tea de cadros, cortámola en anacos intentando que foran iguais e sobrounos un anaquiño.

 

 

Cortando:

 

 

 

Robots

Un dos robots que temos para traballar e True-True.

Este robot é pequeniño e permítenos empregalo sobre unha mesa, en espazos pequeniños e ademáis pode programarse de xeito sinxelo empregando, entre outras cousas, unhas cartas que debemos "darlle de comer"

Para comezar os mestres e mestras aprendemos a manexalos e creamos taboleiros de xogo a modo de exemplo para os nosos rapaces/as.

    

 

Despois os rapaces maiores practicaron o seu manexo e finalmente comezamos a ensinarlle a algúns dos grupos dos pequenos/as como funcionan.

 

Agora nós mesmos imos comezar a deseñar taboleiros de xogo para  el. 

Pensaredes que é algo que só ten que ver coa robótica ou a programación pero o certo é que ese é só o cabo do fío dun novelo enorme.

Cando facemos unha cousa tan sinxela coma un taboleiro para True-True ou convivimos para aprender a manexalos poñemos en marcha mil destrezas: medimos, creamos unha narrativa, falamos, negociamos e chegamos a acordos, equivocámonos, arranxamos os erros, pedimos axuda, responsabilizámonos, deseñamos sobre papel e en soporte dixital, adaptámonos ás necesidades do outro...

Xornada de Porta Abertas

Un ano máis o noso cole celebra o seu día de portas abertas para que todas as familias que estades pensando en traer aos vosos pequenos/as ao Alborada podades vir a coñecernos e facer cantas preguntas teñades en mente.

O día 27 de febreiro ás 16:30 estaremos agardando para recibirvos.

Se queredes ir votando unha ollada a quenes somos, velaquí vos deixamos un chisquiño de información:

 

 

 

 

 

 

Calquer información ou modificación que sexa preciso facer, colgaremola aquí na web.

 

Agardamos a vosa visita !!!

Apertura da reserva de praza no IES Elviña

O 15 xaneiro ábrese o prazo de reserva  no IES Elviña.

Este prazo abrangue desde o 15 de xaneiro hasta o 4 de febreiro.

Nas seguintes ligazóns tedes a información e documentos necesarios para levar a cabo a mesma.

Circular Informativa Reserva de praza

 Solicitude 1

Solicitude 2

 

Distribuir contido



by Dr. Radut