Skip to Content

blogue deadmin

Listado definitivo de admitidos e admitidas.

Tódolos nenos e nenas que pediron praza no cole para o ano vindeiro están admitidos, agás a persoa que a solicitou para 3º de primaria, pois nese curso non temos ningunha praza libre.

Xa está publicada no panel da entrada a lista completa de admitidos. Cómpre que verifiquedes que efectivamente consta o voso pequeno/a por se houbera algún erro ou omisión.

Benvidos todos e todas!!

Estamos desexando coñecervos!!!

Acoges +

Aldeas Infantiles quere poñer no voso coñecemento a súa campaña Acolles + por se fose do voso interese. 

Nesta ligazón tedes toda a información.

Clube de lectura para familias e mestres/as

Dándolle á agulla

Unha das ferramentas que nos proporcionou Polos Creativos foi unha máquina de coser e por suposto, puxémonos a traballar deseguido.

Para comezar preparamos uns manteis superchulos para a aula de Xogo simbólico de ED. Infantil.

Tivemos que medir, cortar, colocar os alfinetes, ganduxar para facer a dobrez do contorno e por fin pasalo á máquina. 

 

Marcando para cortar

 

 

          Cortando a tela       

 

 

  Colocando a tea para facer o borde.

Poñendo alfinetes

 Ganduxando

 

 

 

Comeza o prazo de admisión ao cole!

Aquelas familias que queirades traer aos vosos pequenos/as ao noso colexio tedes aquí o enlace para facer a solicitude e consultar a lexislación vixente.

E neste outro enlace, un documento coa información máis relevante.

O plazo abrangue desde o 1 ao 20 de marzo. 

Estamos desexando coñecervos!!

 

Distribuir contido



by Dr. Radut