Skip to Content

Reclamacións ás cualificacións

Se tedes algunha dúbida ou desexades facer algunha reclamación ás cualificacións que os vosos fillos ou fillas teñan obtido, estaremos á vosa disposición os días 23 e 25 de Xuño previa cita.

Para que vos dean a cita podedes dirixirvos coma sempre ao noso correo ceip.alborada@edu.xunta.gal ou, no seu defecto, chamádenos ao 881961192

Adaptación e reunión para as familias de pequenos/as de 3 anos

Ao obxecto de que podades organizarvos de cara ao periodo de adaptación dos pequenos e pequenas, sempre procuramos darvos as datas e tempos con certa antelación.

Premede no enlace para acceder ao documento no que figuran as quendas e días.

Por outra banda o día 3 de setembro teremos unha reunión ás 10:30 con todos e todas vós para que coñezades ás titoras, aclarar dúbidas, especificar a quenda que vos corresponde, etc.

Permanecede atentos á web pois calquer cambio ou imprevisto notificarase a través da mesma.

Sede todos e todas benvidos!!

No programa de Fomento da Actividade Física disfrutamos dunha xincana deportiva

  • Os pequenos e pequenas de 3 anos

  • Os pequenos e pequenas de 4 anos

Os pequenos e pequenas de 5 anos:

 

 

Os pequenos e pequenas de 3º de primaria:

 

 

Solicitude de axudas para os libros de texto

Xa tedes dispoñible a documentación para solicitar as axudas para libros de texto.

Premede para acceder á circular

Premede para acceder á solicitude.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Xa podedes solicitar o transporte escolar para o curso vindeiro!!

Premede na ligazón para descargar o documento.

Podedes coma sempre entregalo na administración do centro ou, preferiblemente, mandalo por email a ceip.alborada@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut