RECÍCLATE CON SOGAMA

SAMAÍN infantil: FACENDO ESCOBAS CON XESTAS

 

A bruxa pediunos axuda, necesita unha escoba.

As nenas e os nenos de 6º de infantil (5 anos) fixemos vasoiras feitas con xestas.

Agora xa pode voar!!! A bruxa está moi agradecida.

 

 

 

OS TAPÓNS AXUDAN, GÁRDAOS!!!

Gardamos os TAPÓNS DE PLÁSTICO para axudar na mellora á investigación.

O ALUMNADO DE 6º EN ACCIÓN

Toda a comunidade educativa implícase na separación dos residuos.

O alumnado de 6º de Primaria realiza diariamente a recollida do lixo xa separado que se xenera en todo o centro escolar e encárgase de botalo no seu contedor respectivo.

 

A GÁNDARA RECICLA!!!!

contedores, illa de reciclaxe

Durante este curso escolar 2020-2021 o noso centro escolar estivo realizando a separación dos residuos, participando no programa RECÍCLATE CON SOGAMA que se atopa dentro dos PLAN PROXECTA.