Onde estamos?

Localización do CEIP A GÁNDARA

CEIP Plurilingüe A Gándara está situado na capitalidade do municipio, Monforte de Lemos.

Este concello está situado nunha chaira ó sur da provincia de Lugo na zona xeográfica coñecida como Terra de Lemos. Hidrográficamente, o río Cabe é a principal arteria fluvial.

É a segunda cidade lucense con maior densidade de poboación e presenta un gran patrimonio histórico: o castelo, o Pazo dos Condes, os Escolapios, as Torres, o Museo das Clarisas, aPonte Romana e tamén o casco antigo entre outros.