CEIP Plurilingüe A Gándara

Bolsa de Comedor

Adxunto publicamos o Modelo de Autodeclaración e Especificacións para o cálculo do custe diario do servizo de comedor.

O prazo de entrega remata o 20 de setembro de 2021.

Tamén podedes recollelo xa impreso no colexio.

Adquisición libros de texto curso 2021- 2022

Só o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria deberá adquirir libros de texto para o próximo curso.

Os responsables do alumnado de 3º curso de Educación Primaria que, unha vez publicadas as listaxes definitivas de Fondo Libros, non estea incluído nas mesmas, recibirá notificación individual do material a adquirir.

 

PUPURRI DE CANCIÓNS

Esta foi a actuación feita polo grupo de 5º de infantil. Por mor do COVID-19, a comunidade educativa non pudo vela "in situ" pero, aquí está en formato dixital para poder gozar dela todas as familias.

 

EDUCACIÓN RESPONSABLE: Educación Musical en INFANTIL

“ Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade” é un programa educativo que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín, que ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa. 

 O noso centro leva xa tres cursos participando neste programa. Desde a etapa de educación infantil aplicámolo coa música preparando un PUPURRI DE CANCIÓNS que interpretamos no Festival de Fin de Curso 2021. 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

REMATAMOS ESTE CURSO CON MOITO RITMO. PREPARA ESPAZO PARA BAILAR COAS FERMOSAS ACTUACIÓNS CELEBRADAS NO ÚLTIMO DÍA.