Aquí veredes aos DEPORTISTAS DE INFANTIL gozando dunha soleada xornada en Ribas Altas.
Co gallo da celebración do Día do Deporte Fina, a nosa mestra de E.Física , organizou unha sesión de xogos para todo o alumnado do centro na Área recreativa de Ribasaltas.
Ao alumnado de E.Primaria tocoulle o venres 31. Ademais, 3º,4º,5º e 6º participaron tamén nunha andaina dende o colexio.
Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
O 29 de maio todo o alumnado de 5º de E.Primaria acompañado dos profes Nelson, Iria, Sara e Ángeles fixemos unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo de Historia Natural.
No Parlamento asistimos tamén durante 15 minutos a unha sesión plenaria in situ. Coñecemos persoalmente ao Conselleiro de Cultura,Lingua e Xuventude : D.José López Campos e a varios deputados/as.
Camiñamos polo casco vello, visitamos a Praza do Obradoiro, tamén a Alameda e rematamos a nosa visita no Museo de Historia Natural.
Foi un día moi interesante e divertido. Pasámolo xenial !
Para ver o vídeo resumo desta excursión, picade na seguinte ligazón :
O pasado venres 24 de maio, o alumnado do cole camiñamos, como celebración do Correlingua, ata o Parque dos Condes onde o grupo Mekánika Rolling Band foi o encargado de recibirnos e facernos bailar. Despois, fixemos pícnic ata que foi a hora de marchar.