CEIP Plurilingüe A Gándara

Proxecto de Plurilingüismo e Viaxe a Chaves.

O alumnado de 5º de E.Primaria desenvolveu ao longo do pasado curso escolar un Proxecto integramente en Lingua Portuguesa dirixido polo profe Nelson.

Este ano en recoñecemento ao gran traballo que fixeron ,viaxamos a Chaves ( Portugal )

Alí visitamos o Museu da Regiao Flaviense,  unha exposición sobre a fauna e a flora invasoras de LIFE INVASAQUA, tamén o castelo e a fortaleza e rematamos o día desfrutando nas piscinas.

Poderedes ver os vídeos resumo destas actividades picando nas ligazóns correspondentes :

Vídeo resumo do Proxecto de Plurilingüísmo do pasado curso : 

Visita de alumnado do IES Río Cabe

Alumnado do IES Río Cabe compartiu connosco algunhas das súas creacións e amosáronnos que son todos uns especialistas en brindos. Grazas pola visita!

Programa ColorADD

Hoxe, grazas á colaboración de Acrómates, ColorAdd, Adrián Salgado, o Concello de Monforte e Kidacu tivemos a oportunidade de sensibilizarnos, detectar e entender mellor o daltonismo en xeral e, en particular, a realidade de Diana, a nosa compañeira de 5º de Primaria, que convive coa Acromatopsia, un trastorno moi pouco común que afecta ao funcionamento dos conos dos seus ollos. Unha nova forma, por tanto, de implicar e incluír na vida do centro as peculiaridades e características do alumnado. Foi un auténtico pracer.

 

DÍA DO DEPORTE

Aquí veredes aos DEPORTISTAS DE INFANTIL gozando dunha soleada xornada en Ribas Altas.

Día do Deporte en Ribasaltas.

Co gallo da celebración do Día do Deporte  Fina,  a nosa mestra de E.Física , organizou unha sesión de xogos para todo o alumnado do centro na Área recreativa de Ribasaltas.

Ao alumnado de E.Primaria tocoulle o venres 31. Ademais, 3º,4º,5º e 6º participaron tamén nunha andaina dende o colexio.

Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón :