CEIP Plurilingüe A Gándara

HORARIO DE XUÑO

No mes de xuño o horario será o mesmo que o que tivemos en setembro:


 


Horario lectivo: de 08:55 a 13:15 horas.


 


Horario comedor: de 13:15 a 14:00 horas.


 


Saída transporte: ás 14:00 horas aproximadamente.

COMEZO CURSO 2013-2014

  O curso 2013 – 2014 comezará o mércores, 11 de setembro.

No mes de setembro o horario será o mesmo que o que tivemos en xuño:   Alumnos/as de 3 anos: segundo se lles indique o día da reunión, que será o vindeiro luns 9 de setembro ás 11.00 horas.  Resto alumnado (Infantil e Primaria): A Xornada é continua. Horario lectivo: de 08:55 a 13:15 horas. Horario comedor: de 13:15 a 14:00 horas.  

Nos meses de outubro a maio,  o horario lectivo será de 10:05 a 16:55 horas.

Día de titoria de pais: os mércores de 16:55 a 17: 55 horas.    

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO - 2013/2014 (GRATUIDADE SOLIDARIA) e LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/2014.

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2013/2014, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en  educación primaria: GRATUIDADE SOLIDARIA.


Para mais información clicade no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria.


O prazo para solicitar estas axudas é do 3 de xuño ao 3 de xullo para Educación Primaria e Educación Especial.


Clicade para descargar o ANEXO I. Pódese cubrir en liña e despois imprimir.  


CLICADE PARA VER A LISTA DOS LIBROS: Libros de texto 2013/14.

HORA DE LER

                                HORA DE LER

Todos os días 15' despois do recreo hora de ler.

Para o profesorado de distintas áreas.

Neste tempopoderase e deberase facer diversos tipos de lectura:

  • Lectura silenciosa.
  • Lectura documental (o corpo, o tempo, seres vivos, o medio ambiente, o mundo).
  • Lectura de textos variados (guias turísticas, receitas, folletos, prospectos, instruccións, mapas, gráficos, formularios, diagramas...).
  • O mestre/ a mestra leme.
  • Lectura en alto ou un fragmento dalgún libro ou documento interesante.
  • Lectura guiada.

LIBROS DE TEXTO: GRATUIDADE SOLIDARIA

Libro de matemáticas en castelá para 3º e 4º (Clicade no enlace)