CEIP Plurilingüe A Gándara

Cross do Magosto 2013

O Club Atletismo A Gándara, organizan o vindeiro domingo día 15 de decembro o Cross do Magosto 2013, coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, no Circuito de Campo de Tiro de As Lamas . A proba contará co control técnico da FGA a través da súa delegación en Lugo. 

O circuito atópase xunto ao Campo de Tiro “As Lamas” de Monforte. 

As inscricións a través do sistema online na web da FGA (carreiras populares)  http://www.atletismogalego.com ata as 24:00 horas do martes 10 de decembro anterior a  celebración das probas. 

Descarga o regulamento e toda a información aquí

10 de Decembro - Día dos Dereitos Humáns

 

25 N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Fai click para ver a galería de fotos

 

oscargf's Paraugas Cardenal album on Photobucket

Excursión 3º Ciclo ao Pazo de Tor, Muíños de Antero e Torre da Homenaxe

Pincha aquí para ver a galería de fotos

 

 
oscargf's Excursion castelo album on Photobucket

oscargf's Camara Silvia album on Photobucket

Charla para a formación de nais e pais de deportistas

Charla para a formación de nais e pais de deportistas

 

As áreas de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo puxeron en marcha un programa para a formación de pais e nais con fillos deportistas: “Os pais no deporte, importancia e papel”, unha iniciativa que parte do interese de contribuír, desde a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galiza, á formación, ó desenvolvemento e á mellora dos deportistas na nosa Comunidade.

 Trátase da celebración dunhas charlas que teñen como principal obxectivo dotar ós pais, adestradores e directivos, dunha formación relevante para desenvolver o seu papel na actividade deportiva que practican os seus fillos. Desta maneira, poderán contribuír á súa formación, non só desde o punto de vista físico, senón tamén desde o punto de vista da promoción do benestar e das relacións sociais.

A charla que se celebrará en Monforte terá lugar o martes día 26 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.    

O importante papel que teñen que desenvolver as familias con fillos/as deportistas fai que esta charla sexa de grande interese para os pais e nais, pois non sempre se teñen claras todas as claves e conceptos que hai qué adoptar cando os fillos e fillas practican algunha disciplina deportiva. 

            Impartirase unha parte teórica, aínda que de coñecemento moi práctico, que se alternará con algún vídeo sobre casos reais de deportistas e as súas familias. As persoas que asistan ás charlas terán a posibilidade de preguntar e opinar.

 Como complemento, repartiranse uns folletos informativos con datos relevantes para os pais e nais dos deportistas.  

Rubén Domínguez, Hugo Fernández e Rubén López,  profesionais da psicoloxía e o coaching no deporte, serán os encargados de achegar estes coñecementos aos pais e nais que participen na charla que se impartirá en Monforte.  

 

Os pais e nais interesados en asistir a este programa formativo, deben inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: coordinador@libredon.org