CEIP Plurilingüe A Gándara

Encontros na biblioteca

Os adultos do colexio celebraron o Día Mundial do Libro na Biblioteca. Alí estiveron membros do Club de Lectura, Colectivo de xubiladas, Consello Escolar, ANPA , persoal non docente e profesorado. Dirixímonos dende aquí  a todas as  persoas que  non o puideron asistir e que sabemos tiñan interés en facelo para lembrar que todos os documentos presentados no acto están a súa disposición na biblioteca. 
Presentáronse os documentais: Las maestras de la República e Lazos de mulleres.

Contos na radio

Este curso iniciamos no mes de abril unha actividade que consiste en que algúns nenos e nenas van contar contos á radio e damos as grazas á emisora de RADIO PRINCIPAL de Monforte por abrir as súas portas para que poidamos realizar esta nova experiencia. Ata agora é unha actividade semanal onde participa o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Contar contos axuda a desenvolver a imaxinación, a memoria, a expresividade e a capacidade de comunicación. Decía García Márquez, queLa vida no es la que uno vivió sino la que uno recuerda y cómo la recuerda para contarla”. El pasou a primeira parte da súa infancia cos seus avós e escoitaba a diario os contos que a súa avoa materna (que por certo era galega) lle contaba, Según as súas propias palabras iso foi o inicio polo amor á escritura.
 
Noa de 6º o día que foi contar o conto tradicional indio "A casa dos 1000 espellos"
Podemos escoitar aquí  escoitar algún dos nosos maravillosos contacontos.

"A casa dos 1000 espellos" por Noa Díaz Beltrán

"Os 3 anciáns" por Jorge Vázquez

 

Campionato de Xadrez en A Barrela

Hoxe venres 11 de Abril, un grupo de 10 nenos do Colexio da Gándara participou nun campionato de Xadrez que se celebrou en A Barrela. Xogamos contra os equipos de Escolapios de Monforte, Eloisa Rivadulla e Xoán de Requeixo de Chantada, CPI Doutor López Suárez de Escairón e CEIP Xosé Luis Taboada de A Barrela.

O noso equipo estaba formado por Abel, Xurxo, Samuel, Alejandro, Pedro, Antón, Carlos, Héctor, Hugo e Shen.

Aquí podedes ver un vídeo da súa participación.

Piruletas de Chocolate en 4 anos

Habilidades de Loita no CEIP A GANDARA. Artes Marciais

O pasado Martes 1 de Abril realizamos no CEIP A Gándara unha serie de sesións lúdicas de habilidades de loita.

Pola mañá, os alumnos de 6º de Primaria recibiron a visita de Jose Mª Vega Sánchez, do ximnasio NEKA de Monforte de Lemos, que impartiu unha sesión de Taekwondo. Os alumnos/as coñeceron a historia deste deporte e se iniciaron nas habilidades propias do mesmo, especialmente na técnica de patada. Tamén presenciaron a exhibición do seu compañeiro Carlos Fernández, quen leva anos practicando esta modalidade deportiva.


Xa pola tarde, os alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita de dous entrenadores do Ximnasio Senra de Lugo, que impartiron unha sesión de Judo. Realizaron diversos xogos de oposición no chan, e coñeceron as principais técnicas de inmovilización no chan e de desequilibrio de pé.