Informamos que os días 16 e 17 de maio, non haberá clase por ser día non lectivo e festivo, respectivamente.
Retomaremos a actividade lectiva o mércores, 18 de maio.
Un saúdo.
Recordamos que hoxe, martes 31 de maio, temos programada unha charla vía Zoom para familias organizada polo Instituto ILAI dentro da campaña Come Local 2022 da que o centro forma parte.
Adxuntamos información da sesión:
Tema: Neuroeducación e alimentación.
Data e hora: 31 de maio, ás 20:00 h. (1 hora de duración, aproximadamente).
Enlace á reunión:
https://us06web.zoom.us/j/83822513832?pwd=MnQ4Q2MyekJEdXRiTmw1ejFReXpCQT09
ID de reunión: 838 2251 3832
Código de acceso: 683441
Un saúdo.
Equipo de comedor.
Comunicamos que o prazo para solicitar a bolsa xeral do curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. A convocatoria de axudas de apoio ao estudo para o curso 2022 - 2023 dirixidas a alumnos con necesidade específica de apoio educativo aínda non se publicou, segundo a información dispoñible na web publicarase a partir do mes de maio. Recomendámosvos que teñades en conta este adianto de prazos a efectos de recoller toda aquela documentación xustificativa necesaria.
Para máis información pincha no link: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Desexámosvos un feliz Entroido e uns merecidos días de descanso.
Deixámosvos por aquí as nosas creacións do Entroido Galego. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.
Vémonos á volta, o xoves 3.