Do martes 14 de decembro ata o martes 21 de decembro poderedes recoller na conserxería do centro as máscaras para o alumnado matriculado en educación primaria e ESO no CEE Nosa Señora do Rosario, distribuidas segundo a ORDEN do 28 de outubro de 2021 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de mascarillas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería así como en centros privados concertados no curso 2021/22.
Os vindeiros luns e martes, 7 e 8 de decembro respectivamente, non serán lectivos, tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020).
Informamos que mañá mércores, 7 de outubro, non haberá clase por festividade local.
Ademais o vindeiro luns, 12 de outubro será non lectivo tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).
24/09/2020
Informamos que o vindeiro venres, 25 de setembro, está prevista a incorporación do alumnado do Programa Formativo.
O horario lectivo durante o mes de setembro será de 9:00 a 14:30 horas. A entrada ao centro realizarase de forma escalonada de 8:40 a 9:00 pola porta de acceso de transporte.
Este ano, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.
En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas. O horario do PFFPB para este servizo será de 14:30 a 15:00 h. Aquel alumnado que non sexa usuario de comedor, sairá ás 14:30 h. pola porta do comedor.
A disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.
As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.
Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia.
11/09/2020
Informamos que a partir do luns, 14 de setembro, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.
En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas:
1ª quenda: de 13:30 a14:00 h.
Grupo 1 (titora Silvia Andión).
Grupo 6 (titora Nuria Garrote).
Grupo 7 (titora Zaida Pena).
2ª quenda: de 14:00 a 14:30 h.
Grupo 2 (titora Alicia Queiro).
Grupo 3 (titora Mª del Mar Pena).
Grupo 4 (titora Beatriz Caamaño).
Grupo 5 (titora Alba Becerra).
Grupo 8 (titora Noela Rivas).
3ª quenda: de 14:30 a 15:00 h.
Programas Formativos.
A disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.
Para diminuír riscos, recomendamos a recollida do alumnado, ao rematar a súa respectiva quenda pola porta de comedor.
As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.
Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia.