Interpretación da canción COVID QUE TE VIN do grupo Cholo e Nela &lonely hearts club band pola comunidade educativa do CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN , alumnado e familias.
Non debemos baixar a garda ante o COVID19 e por iso trala interpretación da canción, temos uns consellos para coidármonos todos e todas durante o verán. Magnifico traballo de colaboración entre o profesorado e tamén de titoría coas familias.
Foi unha labor de equipo onde a acción titorial desenvolta polo profesorado propiciu estes magníficos resultados.
A Escola, o colexio debe ser un proxecto de colaboración entre os distintos sectores da Comunidade Educativa, e a Nova Escola da Nova Realidade, como se deu chamar a este tempo de postconfinamento, moito máis aínda. Unha escola que recupere á Natureza como Aula Magna e as relacións entre as persoas como ferramentas de coñecemento.
Agradecemos ao grupo de Cholo e Nela o tema do Covid, son tres profes un na Coruña, outro no Barco de Valdeorras e outro aquí en Santiago, que crearon o tema para darnos consellos sobre como facer co COVID.
E parabenizar a boa edición dos vídeos , un "traballón" do Equipo da Biblioteca do Navalón.
Parabéns a todas e todos e felices e coidadosas vacacións seguindo os Consellos do vídeo.
PD. Din os do Grupo de Cholo e Nela & Hearts Club Band que o fixestes (todas e todos) marabillosamente ben.
https://youtu.be/cmcOabwgIXU