Skip to Content

O CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN, CENTRO SELECCIONADO NO PROXECTO DUALIZA

O noso colexio vén de ser seleccionado para o proxecto  DUALIZA 2023-2024 

comedor maio

Bo día a todos e a todas , especialmente a esa clase que pide o menú do comedor nesta páxina, eles e elas ben saben quen som. Chega o menú de maio , o mes da primavera que abre a porta ao verán. 

se clicades na imaxe tedes o menú á vosa disposición.

Menú do mes de Abril

O mes de abril chega a volta de semana santa, deixamosvos aquí o menú para un mes que comeza con días cda vez máis longos e co cambio de horario. Clica na imaxe para acceder ao menú de abril.

Comedor Marzo

Ola bo día.  se picades nesta imaxe primaveral , apareceravos o menú deste mes de marzo,

Paz no Navalón

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

 

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

 

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

 

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

 

- Mahatma Ghandi -

 No seguinte Anexo, podedes descargar o vídeo das actividades.

neste codigo QR podedes consultar o proxecto Dualiza

Un entroido olímpico e os mandados do meco

Durante esta semana no centro hai moito barullo e troula, as delegacións olímpicas adestran e preparan o entroido. Un entroido olímpico no que participamos todas e todos. Se queredes ler os mandados deste meco olímpico, clica enriba  da imaxe.entroido

comedor febreiro

 

 

Imos camiño da Primavera e do entroido , a porta de entrada da mesma. Axuntamos o menú de febreiro. Como xa sabedes, clicade na imaxe para acceder ao documento.

Comedor xaneiro 2024

Comezamos o 2024 con este menú pensado para cambater estes días de friaxe, como ben nos recomenda a sabedoría popular; no mes de xaneiro pon os pés no braseiro, Saúdos cos nosos  mellores desexos para o ano que estamos a comezar. Clicando na imaxe  accededes ao menú.

Distribuir contido


by Dr. Radut