Skip to Content

CENTRO DE RECURSOS. APPS DE INTERESE

Queridas familias:

Esperamos e desexamos que vos atopedes perfectamente, e que as consecuencias desta situación excepcional sexan as mínimas posibles nos vosos fogares. Dende o Centro de Recursos, queremos recordarvos que estamos á vosa disposición ante calquera dúbida e tamén para ofrecervos o noso apoio e asesoramento se o precisades. A continuación, atoparedes unha recompilación de aplicacións educativas e de entretemento clasificadas en distintas categorías. Todas as Apps seleccionadas son gratuítas, mais nalgunhas só será posible acceder a parte dos contidos e noutras será preciso rexistrarse. Nas táboas aparece tamén indicado en que sistema operativo se poden descargar, Android ou Apple.

Con este material, non pretendemos interferir na vida familiar nin solapar as tarefas dos centros educativos de referencia, tan só queremos ofrecervos actividades atractivas, lúdicas e variadas por se as precisades. Recibide unha gran aperta, moito ánimo e confiamos en que pronto chegará o día no que celebremos o noso encontro.

Para calquera consulta ou aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Silvia Anca  silviaanca@edu.xunta.gal

 

Un cordial saúdo.

NOVO PAQUETE DE ACTIVIDADES E INDICACIÓNS DE PROFESORADO DE PROGRAMAS DA FPB

17/04/2020 21:27
29/04/2020 21:27

Estimadas familias:

No lado esquerdo da páxina web, no bloque Etapa Educativa nos grupos dos programas formativos GRUPO PFFB tedes instruccións dos novos paquetes de contidos subidos para o mes de Abril por parte do profesorado dos Módulos de Comunicación e Sociedade e  Matemáticas e Ciencia.  Nestas pestanas iranse cargando con carácter semanal ou quincenal diversos paquetes de contido para realizar durante o período de confinamento.

Na pestana de orientación encontraredes tamén certas pautas para o establecemento de horarios e rutinas a fin de establecer un ritmo diario de tarefas e actividades harmónico.

 

SERVIZO DE ASESORAMENTO. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Ola, Familias:

Agardo que todo vaia ben nestes momentos que nos tocou vivir e sobre os que case ningunha persoa tiñamos experiencia previa, agás as persoas máis maiores.

Nestes días estivemos traballando en activar e poñer en funcionamento este entorno virtual e canle de relacións entre todos os sectores que integramos a Comunidade Educativa do CEE Manuel López Navalón.

Dende o  Centro e o Departamento de Orientación activamos este servizo a fin de implementar os servizos educativos ás familias e achegar o asesoramento, axuda e colaboración nestes momentos que estamos a vivir.

Todo vai saír ben.

Saúdos 

Xefe Dpto. de Orientación

Carlos L. Rodríguez Calvente

LAVADO DE MANS

LEMBRAMOS PARA TODOS OS NENOS E AS NENAS  E TAMÉN PARA  TODAS E TODOS A IMPORTANCIA DE LAVAR AS MANS CON AUGA QUENTE E NUN TEMPO DE 20 SEGUNDOS. 

AULA VIRTUAL E CONTIDOS EDUCATIVOS PERIODO DE CONFINAMENTO

Estimadas familias:

A suspensión da actividade lectiva implica a posta en funcionamento de alternativas que posibiliten propostas abertas para estimular a continuidade das aprendizaxes e o proceso de adquisición de competencias.

Dende o centro activamos nesta semana distintas propostas para facilitar o acceso a materiais par o desenvolvemento das distintas competencias clave.

Así na marxe esquerda desta páxina en ETAPA EDUCATIVA, poden acceder ás recomendacións feitas polas titorías da Educación Básica. Nestes grupos aparecerán enlaces e propostas da tutoras ao respecto a fin de manter unha continuidade  na actividade de nenos e nenas. 

Na parte superior esquerda da páxina web temos unha pestana que chama AULA VIRTUAL,  na aula virtual temos unha selección de contidos para a EDUCACIÓN BÁSICA e tamén para os PROGRAMAS FORMATIVOS da FPB, seleccionados e organizados na liña da proposta formativa de cada etapa, e tamén dende unha organización pensada dende un desenvolvemento das competencias.

A aula virtual e os contidos educativos estarán en revisión e actualización diaria neste período.

A fin de facilitar unhas pautas para este periodo que nos tocou vivir,  é importante establecer uns horariose e rutinas diarias e  considerar os accesos a materiais curriculares e educativos como unha parte das mesmas. 

A proposta educativa a realizar dende a familia pode ser moi relevante na medida que propoñamos, retos, propostas que recollan o interese de cada neno ou nena.

Nestas rutinas debemos incluír momento de adquisición de responsabilidades e competencias na autonomía persoal compartindo traballos nas tarefas da casa, momentos para a actividade física estruturada, exercicios de educación física, breves lecturas en libros axeitados de maneira que a estrutura do día teña unha estabilidade.

Coidémonos todas e todos.

 

 

COVID19

A promulgación do  estado de alarma co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo implica a activación de alternativas para o desenvolvemento de aprendizaxes na casa e como experiencias compartidas no ámbito familiar.

Dende o equipo educativo do CEE Manuel López Navalón realizaremos propostas que aparecerán referenciadas nesta páxina web do colexio Nas distintas sección de grupos ou aulas da etapa educativa correspondente.

Agardamos que esta tempada de vida na casa motivada pola guerra contra o COVID-19 afortale a solidariedade entre todas e todos  nós.

Saúdos e afouteza para este tempo complicado que estamos a vivir.

O CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN ACADA O PRIMEIRO PREMIO DO III CONCURSO DE CARTEIS DO 8 DE MARZO DE 2020

Dende o colexio estamos  concienciados e concienciadas en traballar cada día a prol da Igualdade.

A principios de Xaneiro recibimos a convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade dun Concurso de Carteis . 

Todo o colexio, en equipo, púxose mans a obra e velaí o resultado, na semana pasada comunicáronnos que acadaramos un primeiro premio que fomos recoller a Vigo este mércores 4 de Marzo.

"O cambio comeza por Nós" todas e todos a unha pola igualdade.

Parabéns, equipo!!!! TABOLEIRO  CARTELCARTEL GAÑADOR

DINAMIZANDO A PÁXINA WEB E A AULA VIRTUAL

Durante este curso 2019-2020 activaremos e promoveremos o uso destas ferramentas dixitais das que o centro dispón.

En primeiro lugar cambiamos o formato da páxina porque este TEMA contempla a posibilidade na parte superior da páxina de adaptación visual  e cromática, esta cuestión infire unha engádega importante no acceso aos contidos pois permite un cambio nos tamaños das fontes e nas cores, facilitando o acceso a persoas con problemas de visión ou de percepción das cores.

Eliximos o lema: A maxia da diversidade , porque no día a día, de todos e todas nós, a diversidade lévanos a enfrontar novos retos e propostas para facilitar que tódalas persoas aprendamos. Isto lévanos a activar solucións nun abano, de respostas persoais enriquecedor para todas e todos nós, alumnado, profesorado,persoal educador e coidador e familias.

Nesta páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceenavalon encontraredes a partir das próximas semanas toda a información sobre a Comunidade Educativa que é o CEE Manuel López Navalón, a través dos diferentes enlaces que, neste momento, como podedes comprobar, están en proceso de revisión e actualización, polo que iredes comprobando os cambios que vaiamos introducindo.

Para as familias que adoitaban acceder ao Blogue ou Bitácora Olladas no Navalón, dicir que  modificamos o  avatar empregado, utilizando o "Picto" de Arasaac correspondente ao Blogue para o seu enlace web. Tédelo na columna da dereita, xunto aos enlaces de Bibliotecas, e dos Equipos de Dinamización Lingüística.

Igualmente, poremos en marcha a aula virtual, un recurso moi interesante para poder acceder a contidos educativos. Esta cuestión será máis laboriosa e, por tanto, requirirá un traballo máis polo miúdo e un período máis amplo para a súa posta en marcha.

Dende o Equipo de Dinamizacións de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICS) animámosvos a empregar este recursos construídos co ánimo de que sexan útiles nos diferentes contextos, o  fogar, as aulas e as relacións entre todas aquelas institucións vencelladas ao mundo educativo.

Saúdos

 

EQUIPO DINAMIZACIÓN TICS

samaín

22/10/2019 10:41
30/10/2019 10:41

O vindeiro 29 de Outubro celebraremos o Samaín. O Samaín 

Samaín[1] (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co ImbolcBeltane e Lughnasadh. Historicamente, foi amplamente celebrado en IrlandaEscocia e a Illa de Man. Festividades semellantes celébranse na mesma época do ano noutros territorios celtas, como as britónicas Calan Gaeaf (en Gales), Kalan Gwav (en Cornualles) e Kalan Goañv (na Bretaña), sendo estas dúas pólas da festividade igual de antigas. En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990,[2] que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.[3] (Galipedia)

Podedes continuar a ler este artigo  si picades enriba dos cabazos ou calacús da foto para saber máis sobre o SAMAÍN

REGUEIFAS

 

O Departamento de Lingua Galega de Santiago de Compostela convocou durante o mes de abril un certame de regueifas en video para contribuir ao coñecemento desta  forma de improvisación oral, incentivar a súa práctica e colaborar á creación de espazos nos que a lingua galega sexa canle de expresión, comunicación, participación e divertimento.

 

O noso participou neste iniciativa, gañando o premio a regueifa máis diversa, de seguido podedes ver os videos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut