Skip to Content

Complementarias

Paz no Navalón

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

 

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

 

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

 

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

 

- Mahatma Ghandi -

 No seguinte Anexo, podedes descargar o vídeo das actividades.

neste codigo QR podedes consultar o proxecto Dualiza

Un entroido olímpico e os mandados do meco

Durante esta semana no centro hai moito barullo e troula, as delegacións olímpicas adestran e preparan o entroido. Un entroido olímpico no que participamos todas e todos. Se queredes ler os mandados deste meco olímpico, clica enriba  da imaxe.entroido

MEDALLA DE OURO NO EVENTO GALICIA SKILLS.

A PARTICIPACIÓN DO NOSO COLEXIO NO EVENTO GALICIA SKILLS SÁLDASE CON MEDALLA DE OURO CO PROXECTO: BARISTAS.

No evento Galicia Skills participaron os programas formativos de Produccións agrícolas e Servizos de Restauración da Formación Profesioal Básica.

O equipo de produccións agrícolas estaba formado por Orlando e Sergio Calvete e desenvolveron o proxecto de construcción dun xardín, titorizados pola súa profesora Estefanía Calderón Abeijón.

O equipo de Servizos de Restauración estaba formado por Sergio García e Laura Alonso. O seu proxecto baristas, titorizados pola profesora Carmen Alvite Caamaño obtivo a medalla de ouro na súa categoría.

Parabéns a todos e a todas polo bo  traballo realizado.Aquí deixamosvos unhas fotos e enlaces a uns vídeos do evento.

 

https://youtu.be/V9zZftmJtVI

https://youtu.be/KDyxd7SKp4s

https://youtu.be/Pn7SzHna2vg

 

 

 

PLAN DIXITAL DO CENTRO

No arquivo adxunto está a disposición o Plan Dixital do Centro

Distribuir contido


by Dr. Radut