Skip to Content

Audición e Linguaxe

Vocabulario da vila: AS TENDAS

Ola!

Aquí estamos de novo, con novo material para traballar o vocabulario das tendas.

Tratase dun vocabulario cercano e funcional para o alumnado do noso centro.

Na aula de audición e linguaxe tentaremos traballalo ao longo do curso de diversas maneiras e con diversos materiais para afianzar as aprendizaxes.

 

Vocabulario dos alimentos: facemos o menú!

Ola!, aquí vos deixo algunhas imaxes de alimentos para ir traballando o menú do cole.Esta rutina faise nas aulas e tamén a practicamos as veces na aula de AL.

Na aula de A.L. traballamos con rutinas e vocabulario cercano e funcional. Estamos traballando o menú e as comidas con algúns nenos e como non temos todas as imaxes reais correspondentes estamos aumentando o material do que dispoñemos na nosa aula e que queremos compartir con vos por se vos é de utilidade.

Vocabulario do campo: Árbores, froit@s e animais!

Ola de novo!

Xa imos notando a chegada da nova estación no tempo e na paisaxe. E como na aula de audición e linguaxe non somos alleos aos cambios que suceden ao noso redor, aquí vos comparto vocabulario que imos traballar este trimestre (entre outro) referido ao outono e vínculado ca liña temática do centro "Sabela e a rúa". Comezamos polo campo onde atopamos...

ANIMAIS E ÁRBORES FROITEIRAS

Saúdar è de guap@s!

Que importante è traballar fórmulas de cortesía básicas co noso alumnado para acadar aprendizaxes funcionais que os axuden a integrarse na sociedade.

Esta é unha tarefa que non deixamos de lado dende audición e linguaxe.

Sempre adaptándonos ao alumno ou alumna co que traballamos. Pautas claras, apoios visuais, e facer do saúdo unha rutina de aula son os ingredientes fundamentais para unha boa práctica educativa. 

Iniciando a andaina virtual

Como nos gusta escribir en plastilina!

E con esta obra de arte iniciamos a nosa andaina virtual.

Dende o noso recuncho da aula de audición e linguaxe tentaremos amosar algunhas das cousiñas que faremos e que aprenderemos sempre por mor da comunicación!

Esperamos que sexa un curso estupendo :)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut