Skip to Content

Vocabulario do campo: Árbores, froit@s e animais!

Ola de novo!

Xa imos notando a chegada da nova estación no tempo e na paisaxe. E como na aula de audición e linguaxe non somos alleos aos cambios que suceden ao noso redor, aquí vos comparto vocabulario que imos traballar este trimestre (entre outro) referido ao outono e vínculado ca liña temática do centro "Sabela e a rúa". Comezamos polo campo onde atopamos...

ANIMAIS E ÁRBORES FROITEIRAS

Coñeceremos os seguintes animais:

- Vaca

- Cabalo

- Cerdo

- Can

- Gato

- Galiña

 

O material que elaborei para traballar este vocabulario consiste nunha granxa na que os nenos teñen que pegar con velcro os animais. Para aumentar a dificultade haberá vocabulario doutros campos semánticos alleos ao de "os animais" e terán que pegar na granxa os pictogramas correctos (os dos animais).

 

Este material elaboreino con pictogramas da páxina de ARASAAC xa que son os que estamos usando no centro.

 

A continuación tedes unha imaxe do material e se premedes aquí poderédelo descargar para traballar onde e cando queirades cos nenos e as nenas.

 

 

Tamén imos traballar as árbores, moitas árbores.

A continuación presento unha imaxe do material elaborado para traballalas. A idea e ofrecerlle aos alumnos os pictogramas das árbores e dos froitos para que eles mesmos as relacionen. Algúns necesitarán axuda pero para iso estaremos con eles no proceso. Podemos comezar falando das árbores e facendo con eles a relación, e despois  ofrecerlles a árbore e pedirlles que busquen o froito. Tamén contarán ca axuda das claves de cor que teñen as tarxetas. 

Non haberá problema, antes ou despois solucionaremos a actividade. O importante e que o pasen moi ben.

Se queres descargar este material preme aquí.

 

 

 



blog | by Dr. Radut