Onte pola mañá achegámonos ao auditorio con un grupo de alumnas e alumnos para ver a obra HUGO, da compañía Os náufragos.
Gañadora do premio María Casares ao mellor espectáculo para público infantil e familiar en 2022, aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía e a sensibilidade, fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.
Durante este último trimestre estivemos traballando a educación viaria nas aulas e onte tivemos unha actividade complementaria que se desenvolveu no patio do colexio durante toda a mañá.
Onte pola mañá tivemos a visita do profesor Uxio e o seu grupo de alumnos e alumnas do IES Portovello do ciclo formativo de Atención a persoas en situación de dependencia que viñeron a biblioteca do cole a presentarnos o libro: O CAPITÁN INCLUSIVO.
Trátase dunha serie de contos inventados por estes rapaces e rapazas, cheos de cor e adaptados con moitas texturas que estiveron presentando ao noso alumnado.
Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.