Skip to Content

Complementarias

ESPECTÁCULO BURBULLAS DE PAPEL

Chegaron as 11:00 da mañá e unha parte do alumnado do cole, acompañado polos seus profes e coidadores, estaba preparado para subir aos buses e ir ao auditorio de Ourense.
Nesta ocasión asistiron ao espectáculo titulado: Burbullas de papel no que se combina a música, a danza, o teatro de sombras e os efectos multimedia.

SAÍDA AO AUDITORIO

 
Mañá un grupo do alumnado do CEE MIÑO sairá ao

SEGUIMOS COMPARTINDO MOMENTOS ESPECIAIS CO PROGRAMA MIÑO-SEVEN

Todos os martes e xoves seguimos compartindo  cos nosos amiguiños de Ardai Terapia.

Seven, Kim, Arena, Akela...regálanlle ao alumnado un montón de momentiños super especiais cargados de amor, xogos, cariño, mimos e un largo etc de aspectos super positivos para que melloren as súas habilidades.

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 30 DE XANEIRO DE 2019

O pasado día 30, despois do recreo, fixemos unha actividade todos e todas xuntos no ximnasio, para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e Da Paz.

FESTIVAL DE NADAL 2018

E por fin aquí temos o material audiovisual no que se reflexa como vivimos no CEE Miño o comezo das vacacións de Nadal e a despedida do primeiro trimestre.

O noso festival de Nadal comezou ás 13:00 horas e celebrouse o día 21 de decembro no ximnasio cole.

Preparamos un vídeo e unha presentación de fotos para recordalo...agardamos que vos guste!!! 

 
 

 

VISITA A COCIÑA E PREPARACIÓN DUN PASTEL DE ARROZ

A semana pasada o alumnado do 4º nivel, acompañado polas súas profes foi coñecer a cociña do cole.
Alí con Sagrario e a Ángeles, as nosas cociñeiras, viron moitas cousas interesantes que lles chamaron a atención, por exemplo como estaban a preparar un cocido.

A cuestión é que as profes fóronlles pedir colaboración para preparar unha receita ao día seguinte: un pastel de arroz con ovos recollidos por Marta e Abrahan no noso galiñeiro.

 




A continuación deixámosvos unha presentación de fotos e un vídeo con todo o proceso de elaboración dos dous doces que preparamos...tomade nota!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut