Skip to Content

Complementarias

SESIÓN DE TERAPIA ARDAI

A semana pasada María e Izcalli viñeron con Seven e Akela a facilitarnos a última sesión de terapia antes do Nadal.

Nesta ocasión foron elas os que se acercaron polas aulas a contarnos un conto moi fermoso de Nadal coa axuda de Seven. O alumnado tamén disfrutou un montón conectando,xogando e aprendendo con Akela.

Hai en casos onde os avances no achegamento entre os peques e os animais son impresionantes.

Parabéns polo traballo e moitas gracias.

Vémonos en xaneiro.

Aqui vos deixamos unha mostra da sesión...agardamos que vos guste.

 

SEGUNDA SESIÓN DE TERAPIA CON ARDAI

Esta semana  estiveron de novo os amigos de Ardai para levar a cabo unha nova sesión do programa de intervención psicoeducativa con animais. Canto nos están ensinando e canto estamos aprendendo!!!

A FESTA DO MAGOSTO

Como anunciamos...chegou o día da celebración do magosto!!!

Nesta ocasión escollemos o ximnasio para xuntarnos e alí comezar cos xogos creados que foron:

 

  • QUEN COME CASTAÑAS?
 
  • BUSCA FROITOS 


  • COME CASTAÑAS

 

 
 


Por niveis o alumnado foi rotando e disfrutando de cada un dos xogos que resultaron moi divertidos!!!
Ollade a presentación de fotos que preparamos: 


MAGOSTO 2018


A continuación tocou vivir a maxia de romper as piñatas!!!

Como podedes comprobar, cada piñata representa unha estancia da casa, xa que é o tema elexido neste curso para traballar, así están: o xardín, a habitación, o salón, o baño e a cociña

Noraboa a todos/as polos traballos que fixestes porque quedaron moi orixinais e creativas!!

 
 


Agora estamos preparando un video onde poderedes vernos en acción...rompendo as piñatas, xogando, desfrutando... E que pronto vos amosaremos...

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

 

Mañá, venres día 9 de novembro celebraremos a tradicional festa do Magosto no ximnadio do cole.

Nas tres primeiras sesións, unha por nivel, faránse distintos xogos e logo, todos xuntos a romper as piñatas!!!!

Seguro que será moi divertido!!!A disfrutar!!!

 

PRIMEIRA SESIÓN DE ARDAI

Esta semana comezaron as sesións de terapia con Ardai e comezouse a desenvolver o programa permanente de intervención psicoeducativa asistida con animais. 

O martes chegaron as terapeutas acompañadas de Seven e Arena e foron as aulas 3, 5,6,7 e 9 as que tiveron o gusto de reencontrarse cos animais e ter a primeira toma de contacto que foi todo un éxito!

O xoves foi a quenda para o alumnado das aulas 1,2, 4, 8 e 10 que tiveron o gusto de compartir o día con Akela, Kim, Meiga e Mística.
As caras dos nenos/as xa o din todo...sobran as palabras!!! 

FESTA DE SAMAÍN

E  por fin chegou o día...algúns nenos e nenas preguntaban cando era a festa...e as 10 comezou a pasar polas distintas aulas un photocall onde por un momento nos convertemos nunha pantasmaaaa!

Ollade ollade...

Distribuir contido


by Dr. Radut