Atrás deixamos outro trimestre cargadiño de bos momentos froito das distintas actividades que se levaron a cabo no cole. Foi un trimestre longo pero disfrutado eso sí!
Agardamos que vos guste o video resumo que fixemos da aula 6.
Durante un trimestre lévanse a cabo moitas actividades dentro e fóra dunha aula: compártense momentos cos compañeiros, xestiónanse moitas emocións, apréndense novos contidos, particípase en distintas rutinas que son beneficiosas,descúbrense novas formas de comunicación, introdúcense tarefas que no día a día dan calma, disfrútase das festas, da música, do silencio... e así un montón de cousiñas que vivimos na aula 6 durante o primeiro trimestre e plasmamos neste vídeo resumo.
E como non podía ser de outro xeito o noso compañeiro e profe de música, Jose, compuxo unha fermosa canción para conmemorar o Día da PAZ. Con ela pretende agradecer o traballo que moitas persoas fan para axudarnos a levar da mellor maneira posible esta terrible pandemia que nos tocou vivir, expondo a súa vida por nós.