Skip to Content

Audición e Linguaxe

Mariquitas de carnaval

Ola de novo!

Hoxe comparto un material para festexar e traballar o concepto do carnaval. Coma sempre seguindo a metodoloxía teacch dada a importancia do carácter manipulativo nas sesións co noso alumnado.

Botellas sensoriais caseiras

 Ola de novo!

Hoxe comparto as receitas para crear unha serie de botellas sensoriais. As botellas sensoriais poden conter unha gran variedade de cousas (auga, purpurina, gomitas, pompos, follas, pedras, garabanzos, etc.). Calquera cousa que se nos ocurra e que estimule os sentidos dos nosos nenos e nenas.

Todo un acerto para xogar, relaxar e traballar certos conceptos na aula.

Traballamos o concepto do amor!

Aquí estamos de novo, esta semana imos falar do amor, xa que aínda que o amor está presente tódolos días imos utilizar o día dos namorados como unha excusa para traballar o concepto.

Sopro con Joao

Dentro das bases anatómico-funcionais que temos para lograr unha adecuada articulación está o sopro.

Ter unha boa capacidade de sopro é importante para a articulación, especialmente de fonemas nos que está máis implicado como a /s/ ou a /p/.

Qué está facendo en audición e linguaxe?

Aqui recollo algunhas fotos do alumnado facendo algunhas das tarefas propostas na aula según as súas necesidades. Non salen todos os que acuden á aula pero próximamente haberá outras fotos!!!

 

A ver, pero que é o que fan os nenos en AL???? Pois moitas cousas, aquí mostro algunhas das cousas que eu lles pido.

 

TARXETAS DE PRAXIAS

Ola, hoxe unhas tarxetas de praxias cos pictogramas de ARASAAC para imprimir en boa calidade nun tamaño adecuado para os nenos.

 

Se queres ver ou descargar o material preme aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut